Mondoñedo, 8 de novembro de 2025. O deputado de Mocidade Daniel García participou na presentación do festival Breason, que se celebrará este sábado, 8 de novembro, en Mondoñedo
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Asociación Cultural Xoldra na organización do festival, con actuacións de Biznaga, Grande Amore, 9Louro, Malvela, Señora DJ, Femfarria, María Raxeta e Meniñ@s da Mariña, formada pol@s alumn@s da escola da Asociación de Música de Baile Tradicional Gaita Escola de Mondoñedo.
Daniel García expresou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación a este festival, que conta co impulso da Asociación Cultural Xoldra e da mocidade mindoniense comprometida coa música e a cultura en galego, como reflicte o cartel desta segunda edición que reúne algunhas das bandas e artistas máis recoñecidos da música en galego actual” e valorou tamén “a aposta de Xoldra por converter o festival nunha oportunidade de promoción da artesanía e do patrimonio de Mondoñedo”.
Aos concertos, a partir das 21.00 horas na Praza da Catedral, con entrada de balde, súmase un programa de actividades que inclúe un roteiro polas rúas de Mondoñedo – ás 12.00 e as 17.00 horas – e obradoiros de artesanía -cantería, títeres, cerámica e serigrafía – no Barrio dos Muíños. Ao longo da tarde haberá tamén un magosto e unha foliada.
Ademais, haberá unha exposición de ilustracións de artistas galegas no Casino de Mondoñedo
A organización habilitará unha zona de acampada nas instalacións deportivas de Viñas da Veiga.
Apoio da Xunta
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro con responsables da organización, a asociación xuvenil Xoldra, aos que felicitou por artellar “un espazo para a música e a cultura cun claro protagonismo do talento galego”.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



