Ante “a impotencia dos propietarios pola falta de amparo xurídico”, o PP insta ao Concello a “reivindicar o dereito á propiedade privada” e esixir ao Goberno do Estado a derrogación da actual Lei estatal de Vivenda que “protexe e promove a okupación ilegal”
Burela, 26 de novembro de 2025. O PP de Burela esixe ao goberno municipal bipartito que encabeza a señora López Moreno amosar o rexeitamento á okupación ilegal de vivendas e á inquiokupación e dirixirse ao Goberno de España para derrogar a actual Lei estatal de Vivenda e implementar, como mínimo, as medidas antiokupación recollidas na LO 1/2025 de 2 de xaneiro para dotar á Xustiza de medios necesarios para erradicar esta práctica e dar seguridade aos propietarios. Así mesmo, propoñen a habilitación de xulgados especializados.
Os populares lembran que “a okupación ilegal de vivendas e de todo tipo de inmobles é unha preocupación crecente na sociedade española”. E, nos últimos tempos, este fenómeno tamén afecta a familias e veciños da nosa zona e, en particular, en Burela”.
“Dende o Partido Popular defendemos o dereito á propiedade privada e trasladamos a nosa solidariedade a tódolos afectados que viven con impotencia a inxustiza que supón a okupación de vivendas ou inmobles ante a falta dun amparo legal para os propietarios”, engaden.
Polo tanto, propoñen ante a corporación municipal a adopción de acordos para a erradicación da okupación ilegal e tamén do fenómeno coñecido como inquiokupación -nos casos nos que os inquilinos deixan de pagar o alugueiro, pero se negan a abandonar a propiedade-.
MEDIDAS EFICACES BLOQUEADAS POLA ESQUERDA
Desde o PP tamén explican que, ante a falta de vontade do Goberno de España por acabar coa okupación ilegal de vivendas, os populares promoveron dúas leis con medidas eficaces como os desafiuzamentos en máximo 24 horas ou a autorización legal para que o dono poida cortar as subministracións de auga e luz da vivenda okupada.
Estas normas atópanse bloqueadas por PSOE, Sumar e os partidos de esquerda que, como o BNG, son máis favorables a manter a regulación actual que “permite e favorece” estes episodios de okupación ilegal de vivendas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


