“A situación das instalacións fala por si mesma, pero para o PSOE parece que está todo perfecto cando o terreo de xogo está descoidado e mal pintado, as gradas sucias ou o aparcamento chego de buratos, por exemplo”, din
Vilalba, 28 de novembro de 2025. O PP afea a ocultación do goberno local ao negarse a dar explicacións sobre o “deplorable estado” das instalacións deportivas municipais e a súa “falta de mantemento” nos últimos 5 anos. E esta ocultación por parte do PSOE conta co apoio de Vilalba Aberta e BNG; xa que os tres grupos votaron en contra da petición do Grupo Municipal do Partido Popular de Vilalba para que comparecera a concelleira de Deportes, Paula Vigo.
O goberno municipal rexeita, polo tanto, “facer un exercicio de transparencia e a alcaldesa opta por botar balóns fóra”. Así mesmo, consideran que “o BNG actúa como cómplice dándolles o seu apoio e tapando as deficiencias que nos constan a todos” e Vilalba Aberta evidencia a súa “dobre moral” toda vez que dende a oposición esixía transparencia e “agora dende o goberno apoia ao PSOE”.
“A situación das instalacións deportivas municipais fala por si mesma, pero para o PSOE parece que está todo perfecto cando o terreo de xogo está descoidado e mal pintado, as gradas sucias ou o aparcamento chego de buratos, por poñer algúns exemplos”, explican. “Son deficiencias inaceptables derivadas da falta de vontade e de traballo do goberno municipal como titular dunhas instalacións empregadas por moitas familias e nenos que sofren as consecuencias”.
Os populares insisten en que é “urxente” tomar medidas para evitar que se repitan situacións coma as acontecidas a pasada fin de semana polo mal estado das instalacións da Madalena: unha parada nun encontro oficial porque as liñas do terreo de xogo non estaban pintadas correctamente e nenos obrigados a ducharse en auga fría pola falta de previsión e mantemento das caldeiras do campo artificial.
Os concelleiros do PP apuntan que “nos últimos anos os representantes municipais esquecéronse do mantemento das instalacións municipais”. E poñen como exemplo a amortización da praza de persoal que realizaba os labores de mantemento e acondicionamento mentres “pagan case o dobre (50.000€) a unha empresa externalizando o servizo sen que os responsables políticos controlen se se realizan ben os traballos”.


















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



