A Xunta de Goberno aprobou as bases e a convocatoria para unha nova edición do programa de termalismo da institución provincial, “que reforzamos aumentando o orzamento a preto de 146.000€ e as prazas a 2.100”, informou a Voceira Socialista
Lugo, 28 de novembro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar este venres as bases e a convocatoria dunha nova edición do programa Lugo Termalpara a temporada 2025-2026, que abrirá o prazo de inscrición este luns, 1 de decembro. Nesta edición, o programa aumenta un 20% tanto o investimento como as prazas para atender a alta demanda que ano tras ano rexistra. “Reforzamos o noso compromiso co turismo termal aumentando o orzamento dos 121.605€aos 145.926€,e o número de prazas elévase de 1.750 a 2.100, incluíndo xa 220 prazas adicionais ampliadas a metade de tempada debido o grande interese que xera esta iniciativa”, informou trala reunión da Xunta de Goberno a Voceira Socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto.
Destacou que este esforzo inversor“é unha mostra clara do compromiso firme da Deputación co turismo termal, un sector que mellora o benestar e a saúde da cidadanía, pero tamén impulsa a economía local e contribúe a manter a actividade dos balnearios ao longo de todo o ano”.
Para poñer en contexto esta aposta, García Porto subliñou que a Xunta de Galicia ofrece 1.276 prazas para toda a comunidade autónoma, mentres que o Lugo Termal supera esa cifra só na provincia, cun total de 2.100 prazas, 824 máis que as ofrecidas pola Xunta. “É un esforzo inversor especialmente significativo, que reforza un turismo en auxe como é o termalismo e que combina saúde, benestar e dinamización económica”, afirmou a Voceira Socialista do Goberno.
1.320 prazas con estancia e 780 sen estancia
O programa Lugo Termal ofrece aos veciños e veciñas da provincia descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón. Está dirixido a persoas empadroadas na provincia que teñan 50 anos ou máis.Os beneficiarios poderán acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade. Como en anos anteriores, haberá diferentes técnicas e tratamentos a disposición das persoas usuarias.
As prazas están dispoñibles en dúas modalidades: con estancia e sen estancia, adaptándose así ás necesidades e preferencias de todos os usuarios e usuarias. Concretamente, o programa contará con 1.320 prazas con estancia: 48 no Balneario Termas de Lugo, 72no Balneario Río Pambre, 600 no Balneario de Guitiriz e 600 no Hotel Balneario Augas Santas. Ademais a Deputación ofrecerá outras 780 prazas sen estancia: 240 no Balneario lucense das Termas, 180 no Balneario Río Pambre, 180 no Balneario de Guitiriz e 180 no Hotel Balneario Augas Santas.
Como solicitar praza
O prazo de inscrición abrirá o luns, 1 de decembro, ás 09:00 horas, e estará aberto ata esgotar prazas. As solicitudes, acompañadas dunha fotocopia do DNI, poderán presentarse no Rexistro provincial ou a través da sede electrónica da Deputación. As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia este sábado, 29 de novembro.
Preto de 1,7M€ en investimentos para o Parque Móbil
Ademais, na Xunta de Goberno deste venres a Deputación aprobou un investimento de case 1,7M€ destinado á adquisición de maquinaria e o subministro de emulsión asfáltica no Parque Móbil da institución provincial. Concretamente, licitouse a compra dun semirremolque usado tipo góndola asfaltera, por un importe de 72.600€ e a adxudicación dunha máquina compactadora tandem usada por un prezo de 61.468€, incluído o servizo de recollida do pisón usado.
Licitado tamén o contrato de subministración da emulsión asfáltica para o Parque Móbil da Deputación, cun importe total de 1.512.500€ e unha duración dun ano. Este investimento permitirá mellorar o servizo que ofrece o Parque Móbil para acometer actuacións nos concellos “dun xeito máis rápido, eficiente e económico”, argumentou García Porto.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



