A subdelegada presentou esta nova medida xunto ao presidente do Colexio, Manuel Barreira, para que o persoal dos establecementos poda axudar e orientar a posibles vítimas de violencia
Lugo, 28 de novembro de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presentou hoxe xunto ao presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia, Manuel Barreira, a implantación do Punto Violeta nas farmacias, unha iniciativa que converterá estes establecementos en espazos seguros de información, detección e acompañamento ás mulleres que poidan estar vivindo unha situación de violencia de xénero.
A posta en marcha deste proxecto materialízase tras a sinatura e activación do Protocolo de actuación na farmacia comunitaria ante a violencia de xénero, elaborado entre a Subdelegación do Goberno e o Colexio Oficial de Farmacéuticos. O documento establece pautas claras sobre como actuar ante posibles indicios, a importancia da escoita activa, a creación dun ambiente seguro e confidencial e a derivación aos recursos especializados dispoñibles na provincia de Lugo, tal e como recolle o protocolo oficial.
A subdelegada destacou que “as farmacias son lugares próximos, accesibles e de confianza, especialmente importantes no rural, polos que pasan cada día moitas persoas. Formar ao seu persoal e convertelas en Puntos Violetas significa expandir unha rede de protección real para que ningunha muller se sinta soa ou sen apoio”.
Expansión da rede de Puntos Violetas na provincia
A incorporación das farmacias súmase aos Puntos Violetas xa implantados na provincia, como os da Subdelegación do Goberno (Rexistro e Estranxeiría), INSS, TGSS, Muface, Axencia Tributaria ou Paradores, así como o recentemente inaugurado na sede da UGT.
Con esta ampliación, Lugo avanza nunha rede transversal e estable de espazos seguros presentes en diferentes ámbitos da vida diaria, facilitando o acceso á información e á axuda especializada. A provincia conta con 186 farmacias, que poderán adherirse progresivamente ao programa tras recibir a formación correspondente.
Formación específica e recursos para as vítimas
O persoal das oficinas de farmacia recibe formación sobre indicadores de sospeita, pautas de atención e recursos dispoñibles —como o 016, os servizos de urxencias, o centro de crise 24 horas do HULA ou a rede de atención social— tal e como se recolle nos anexos do protocolo oficial.
Cada Punto Violeta contará cun código QR vinculado á Guía Punto Violeta, que ofrece información práctica, consellos e acceso aos recursos institucionais existentes.
A subdelegada subliñou que esta iniciativa “reforza a resposta institucional fronte á violencia machista, creando unha rede próxima, humana e efectiva capaz de detectar situacións de risco e orientar ás vítimas desde o primeiro momento”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



