Barreiros, 28 de novembro de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará o acondicionamento da antiga escola de Vilamartín Grande, en Barreiros, para o seu uso como local social. A Xunta de Goberno aprobou este venres o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello de Barreiros, que contempla un investimento de 109.000 euros.
O proxecto contempla unha rehabilitación integral do edificio, con actuacións tanto na cuberta e nas paredes exteriores, como no interior, coa redistribución dos espazos, e a renovación completa da instalación eléctrica e de fontanería. O obxectivo é recuperar o inmoble, construído como escola unitaria en 1956, para convertelo nun local de uso veciñal e cultural para a veciñanza da parroquia.
A alcaldesa Ana Ermida explicou que “con esta actuación seguimos na enda iniciada noutras parroquias poñendo esas antigas ecolas, practicamente sen uso, a disposición da veciñanza para que sirvan de punto de encontro e espazo de socialización. O que pretendemos é que calquera persoa, independentemeento de lugar en que viva, da idade ou da mobilidade, teña un espazo onde atoparase coa veciñanza e disfrutar das actividades lúdicas, sociais, culturais e deportivas que poidan achegarse á poboación”.
O deputado de Rural Daniel García destacou a importancia “de contar con instalacións de uso social e cultural para dinamizar e articular a vida comunitaria” e destacou “a ampla aposta que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo se fai por fortalecer esas redes con con axudas directas para a tecido asociativo e apoio ás programacións culturais de pequenos colectivos”.
Ademais da actuación en Vilamartín Grande, o Concello de Barreiros complementará, tamén co apoio da Deputación de Lugo, a renovación da antiga escola de Vilamartín Pequeno, executada no prim eiro semestre deste ano, co acondicionamento do exterior do edifico.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



