Os concelleiros do PP botan en falta “investimentos reais no municipio” e actuacións concretas como “a mellora dos camiños públicos, un plan de sinalización, o fomento da tornaría ou a aprobación do PXOM”
Xermade, 18 de novembro de 2025. Os concelleiros do PP de Xermade afean que “o equipo de goberno socialista presuma duns orzamentos municipais para o 2026 cos que pretende reducir servizos aos veciños e veciñas”.
A pesar de que os populares propoñían “estudar fórmulas menos drásticas e buscar posibles solucións como pode ser reclamar ao Goberno do Estado que financie a parte que lle corresponde do SAF e que leva anos sen achegar”; o portavoz socialista “fala de reducir o servizo nun 50% alegando que o Concello non pode asumilo. Prefiren reducir atención aos nosos veciños que reclamarlle a Sánchez que poña a parte que lle corresponde por lei e que a Xunta si está a achegar”.
“Para atender aos veciños non, pero para as dedicacións dos membros do goberno, que son excesivas en relación aos servizos que ofrecen, os socialistas si reservan fondos no orzamento do Concello”, afean.
Así mesmo, os populares condenan que “o equipo de goberno fale de que os ingresos se axustan ás necesidades do Concello, cando son máis reducidos que no 2025; a pesar de que cobran máis impostos aos veciños e veciñas”. É dicir, “máis impostos, menos servizos”.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Xermade botan en falta “investimentos reais no municipio” e actuacións concretas como “a mellora dos camiños públicos, un plan de sinalización, o fomento da tornaría e a promoción dos recursos propios como fonte de riqueza e dinamización socio-económica ou a aprobación do PXOM, entre outras necesidades para o municipio das que o goberno socialista parece esquecerse”, conclúen.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



