Dende o Partido Popular lamentan que o Concello de Burela acadase unha débeda de 430.106,85€ a pesar de que o 2024 foi un ano con ingresos récord debido á suba impositiva e de taxas municipais
Burela, 5 de novembro de 2025. Os concelleiros do Partido Popular de Burela recordan que “no Concello de Burela se gasta máis do que se ingresa, a pesar de que non se trata de ningunha novidade”, algo que, tanto o PP como a propia veciñanza, temos que ver como “algo habitual” nos últimos anos polo que preguntan á rexedora “se vai a mudar a súa política económica”.
“Levamos moitos anos denunciando esta perigosa situación, sobre todo, dende que está a fronte da alcaldía a responsable da área económica da Deputación de Lugo, a señora López Moreno, algo que non deixa de ser sorprendente”, explican os populares.
De feito, a maior parte dos veciños veñen de coñecer a través dos medios de comunicación de que Burela é o cuarto concello da Mariña con peor comportamento nas arcas municipais durante o ano 2024. Gastáronse máis de 400.000€ máis dos que se ingresaron en todo o ano – concretametne 430.106,85€ – “infrinxindo así a regra de gasto unha vez máis”.
Os concelleiros populares ven con preocupación como a nivel provincial Burela está case dentro do top-10 con peor comportamento nas arcas municipais. “O Concello de Burela presentou durante o 2024 un comportamento económico que nunca se dera, incluso contando aqueles anos nos que había que devolver a débeda contraída co Concello de Cervo, algo que se tardou moitos anos en devolver”, lamentaron.
Para os populares, esta situación dá boa conta do que a señora López Moreno está a facer cos cartos de toda a veciñanza da vila, pero cun agravante: “nunca tanto se recadara no Concello de Burela, un dato que se deu trala suba impositiva e de taxas municipal, acadando cantidades de recadación que nunca antes se deran e, aínda así, se gastou moito máis do que se ingresou”.
Dende o Grupo Municipal do PP de Burela fan unha reflexión, xa que “todos sabemos o que sucede nunha economía familiar cando se gasta máis do que se ingresa”, unha situación que “semella non importar á señora alcaldesa cando os cartos son de todos os veciños”.
Para os concelleiros populares, o comportamento da señora López Moreno “é moi preocupante porque semella darlle igual” a pesar de ser unha situación da que lle vimos advertindo nos últimos anos e “dende o PP de Burela insistimos as contas económicas do Concello non saen”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


