Balseiro lamenta que “Sánchez defenda máis aos okupas que aos lexítimos propietarios da vivenda” e que “os seus socios, os partidos de esquerda, bloqueen as reformas legais para evitalo”
Xove, 9 de novembro de 2025. Os senadores do Partido Popular de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- rexistraron unha iniciativa na Cámara Alta interesándose polas medidas que ten previsto adoptar o Goberno central para evitar situacións de ocupación de vivenda como a acontecida en Xove.
O senador mariñán José Manuel Balseiro considera indignante que o Executivo de Pedro Sánchez, “coa súa inacción, este máis ao carón dos okupas que dos lexítimos propietarios das vivendas. E indigna aínda máis que os seus socios, os partidos de esquerda e nacionalistas, non permitan lexislar e incluso bloqueen leis para ofrecer unha solución a estas situacións.”
Para o PP as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado atópanse “coas mans atadas” á hora de facer fronte a este tipo de delitos e a Xustiza non dispón de lexislación axeitada para axilizar a expulsión dos okupas nun tempo razoable como acontece noutros países europeos, “e todo iso, porque Sánchez o os seus socios non queren”.
Balseiro lembra tamén que o Partido Popular desde o Senado promoveu o Proposición de Lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, que inclúe medidas como os desaloxos exprés, endurecemento das penas ou medidas de protección aos usuarios. Un texto legal que se atopa bloqueado na súa tramitación pola Mesa do Congreso controlada por PSOE e Sumar.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



