Os socialistas alertan de que a Xunta non promove vivenda pública na provincia e mantén sen executar os fondos destinados a atender a demanda crecente en Lugo
Lugo, 25 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE na provincia de Lugo denuncia que os senadores do PP lucense “volvan cargar contra o Goberno de España para agochar a década perdida da Xunta en materia de vivenda”. Os socialistas consideran “indecente” que o Partido Popular tente atribuír ao Executivo central unha problemática que é consecuencia directa da falta de política pública por parte do Goberno galego.
Desde o PSdeG provincial subliñan que a situación da vivenda na provincia de Lugo é cada vez máis crítica debido á falta de investimentos e planificación da Xunta. Lembran que Galicia acumula preto de medio millón de vivendas baleiras, arredor do 30% do parque residencial. “A situación é tan absurda como preocupante: temos centos de miles de vivendas baleiras mentres máis de 22.000 galegos e galegas están inscritos no rexistro oficial buscando unha vivenda pública, unha cifra que non deixou de medrar nos últimos meses”, advirten.
Neste sentido, sosteñen que a explicación desta crise non está en Madrid, senón en Santiago. En anos recentes, a Xunta non chegou nin a executar a cuarta parte do orzamento destinado a vivenda en Galicia e, nalgúns exercicios, o gasto real “nin sequera alcanzou o 10% nos primeiros nove meses”. “É imposible ampliar parque público se a Xunta deixa sen gastar os fondos que ela mesma aproba. Esta é a realidade que o PP tenta tapar con ataques a Pedro Sánchez: non executan, non planifican e non impulsan vivenda pública desde hai máis dunha década”, denuncian.
Sobre a afirmación de que o Goberno de España non subvencionou “de forma directa” vivenda pública en Lugo, os socialistas alertan de que “o PP manipula para crear un relato falso”. Subliñan que a competencia na promoción pública de vivenda é fundamentalmente autonómica e que “non se pode culpar ao Executivo Central do que a Xunta non fai en Lugo”. “O PP pretende instalar a idea de que aquí non se constrúe vivenda porque non quere o Goberno de España, cando o certo é que o Executivo galego leva dez anos sen impulsar un só plan ambicioso de vivenda pública na provincia”, engaden.
O PSdeG lembra que, a semana pasada, xa advertira de que a Mariña quedara excluída das 4.000 vivendas públicas anunciadas por Alfonso Rueda para 2026, malia tratarse dunha das comarcas con maior demanda e con listas cada vez máis amplas de solicitantes de vivenda protexida. “É incomprensible e profundamente inxusto que unha comarca afectada pola caída industrial, polo descenso demográfico e pola falta de oportunidades quede fóra outra vez”, apuntan. Engaden que resulta “especialmente escandaloso” que o PP acuse ao Goberno de España de non investir en Lugo cando “é a propia Xunta quen deixa totalmente abandonada unha das zonas con maiores necesidades da provincia como é a Mariña lucense”.
Ademais, subliñan que “onde hai gobernos socialistas si hai respostas en materia de vivenda”, poñendo como exemplo o novo Plan Municipal de Vivenda de Lugo presentado recentemente polo alcalde Miguel Fernández. Un proxecto que aposta por mobilizar vivenda baleira mediante unha Bolsa Municipal de Alugueiro Asequible, aplicar recargos no IBI ás vivendas baleiras de grandes propietarios, limitar o uso de pisos turísticos para protexer o mercado residencial e ampliar o parque público a través de novas promocións e rehabilitacións. “Mentres a Xunta leva anos sen actuar, o Concello de Lugo dá un paso firme cara a unha cidade máis xusta, máis accesible e con máis oportunidades reais de acceso á vivenda para a súa veciñanza”, destacan.
Na mesma liña, desde o PSdeG-PSOE provincial reivindican o modelo proposto por José Ramón Gómez Besteiro para Galicia, centrado en impulsar novas promocións públicas para aumentar o parque dispoñible, mobilizar a vivenda baleira a través dun banco público de alugueiro, intervir nas zonas tensionadas para conter prezos e reorientar os fondos europeos sen executar cara actuacións con impacto inmediato.
“Quen acusa ao Goberno de España de desatender á provincia é o mesmo partido que, desde a Xunta, leva anos sen ofrecer ningunha resposta ás necesidades reais de Lugo en materia de vivenda”. Para os socialistas, as declaracións do PP “carecen de toda credibilidade” porque “os feitos demostran que quen falla sistematicamente a esta provincia é o Goberno galego do PP, non Madrid”, conclúen.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



