Viveiro, 10 de novembro, 2025. Desde o PSdeG explican: “O Concello de Viveiro executou as obras de mellora da pista do Pombal, dende a intersección da estrada LU-P-6601, ata dito núcleo, na parroquia de San Cibrao de Vieiro, un proxecto xestionado e solictado polo anterior goberno municipal presidio por María Loureiro”.
A actuación está incluída no Plan Camiña RURI 2024-2026 da Axencia Galega de desenvolvemento local da Xunta de Galicia e conta cun orzamento de 87.000 euros. 0 Proxecto abrangue un tramo de 1.260 metros de lonxitude e 3, 93 metros de ancho medio, cunha sueperficie total de actuación de 4.951 m2.
O obxectivo é mellorar o estado do vial, moi deteriorado polo tráfico e pola acumulación de augas pluviais. As obras inclúiron o reforzo do firme con aglomerado en quente, a formación de cunetas de formigón, a sinalización horizontal e vertical con pintura reflexiva e a limpeza dos sistemas de drenaxe.
0 PSOE de Viveiro “lembra que esta actuación é unha mostra máis de que moitas das obras que hoxe se executan no municipio proceden de planificación e do traballo do anterior goberno socialista, comprometido co desenvolvemento equilibrado das parroquias e coa mellora das infraestructuras rurais”.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



