O presidente do ente público puxo en valor a auditoría que a Xunta e Recursos de Galicia levan a cabo nos 122 peiraos autonómicos para aforrar enerxía, descarbonizar os grandes sectores e promover o autoconsumo
Viveiro, 28 de novembro de 2025. O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, participou esta mañá nas XXIX Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro que organiza a Confraría de Pescadores de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. Neste foro con representación de expertos e representantes institucionais do sector profesional pesqueiro, o presidente de Portos reafirmou o compromiso do ente público coa transición enerxética e de xeito destacado coa impulso ás enerxías limpas nas contornas portuarias.
Álvarez Vidal realizou unha presentación no bloque temático de loxística, portos e economía azul baixo o título Medrando co mar: visión estratéxica dos portos galegos do século XXI. Durante a súa participación puxo en valor a auditoría enerxética que a Xunta, a través das consellerías de Industria e Mar, e a empresa público-privada Recursos de Galicia están a levar a cabo nos 122 peiraos autonómicos e nos polígonos industriais da comunidade.
O presidente de Portos enmarcou esta acción dentro do obxectivo global da Estratexia Azul de Galicia á que a Xunta destina 115 millóns de euros para impulsar a sostibilidade ambiental e social da actividade económica marítima. Esta auditoría enerxética pretende aforrar custes neste ámbito, descarbonizar os grandes sectores económicos de Galicia e promover o autoconsumo en portos e polígonos.
Para este fin desenvólvese unha campaña de información as principais entidades portuarias como son as confrarías de pescadores, os clubs náuticos e mariñas e as empresas grandes consumidoras. Realizaranse reunións técnicas e informativas con todas as interesadas para a recollida de datos, para a que tamén está xa habilitada unha plataforma dixital avanzada que aporta asesoramento gratuíto aos usuarios para reducir a factura enerxética e permite trasladar datos relevantes.
Esta campaña prolongarase durante doce meses e abarcará a análise das infraestruturas enerxéticas existentes na actualidade, o inventario dos recursos renovables dispoñibles, a identificación das superficies dispoñibles para a instalación de novas instalacións de xeración de enerxía limpa e finalmente o exame da mobilidade das frotas en Galicia. Con esta información remitirase un informe individualizado no que se proporán solucións de autoconsumo renovable, almacenamento enerxético, mellora da eficiencia nos procesos industriais e optimización da mobilidade.
Reunión coa alcaldesa
Logo da súa participación nas xornadas sobre pesca en Celeiro, o presidente de Portos de Galicia mantivo un encontro institucional coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, para avanzar nos proxectos para a remodelación da fachada marítima do municipio. José Antonio Álvarez confirmou á alcaldesa que a Xunta está a ultimar o proxecto para o saneamento do porto de Celeiro, cun investimento comprometido de 250.000 euros e que se prevé que saia a licitación no primeiro trimestre do ano.
Así mesmo, informou dos avances na proposta para humanización da fronte marítima comprendida entre a estación de autobuses e a casa do gardapeiraos, incluíndo a habilitación de zona de aparcadoiro público. Esta actuación conta cun investimento previsto plurianual de 1,8 millóns de euros, dos que 200.000 consígnanse para 2026. O ente público prevé poder contratar o proxecto das obras na próxima primavera.
Finalmente, o presidente de Portos informou tamén á alcaldesa dos avances na tramitación da concesión a favor de Marina Viveiro para o uso do edificio do Casino de Viveiro e a zona verde anexa. Portos está supervisando o proxecto técnico entregado pola entidade e remitiralle o ofrecemento de condicións.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



