Ribadeo, 25 de novembro de 2025. A Praza de Abastos acolleu en Ribadeo a conmemoración do 25 de novembro. Alí celebrouse un acto simbólico no que, baixo os paraugas decorados nas últimas semanas por diferentes colectivos ribadenses, se procedeu á lectura do Manifesto Institucional do 25N e se gardou un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista.
O acto contou coa participación do alcalde, Dani Vega, e da concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, que foi a encargada de dar lectura ao manifesto: “hoxe, 25 de novembro de 2025 , Ribadeo únese de novo á voz colectiva que percorre o mundo para dicir basta. Mais este ano facémolo cunha mensaxe clara, directa e compartida: En Ribadeo, a violencia machista non ten lugar, nin escusa, nin silencio. Este lema non é só unha frase. É un compromiso político, social e persoal. É unha declaración de que neste concello non hai espazo para a violencia, nin para as súas xustificacións, nin para os silencios que a sosteñen. Significa que en Ribadeo queremos vivir nunha comunidade onde as mulleres sexan libres, sentíndose seguras e respectadas. Onde as vítimas non se sintan soas. Onde ninguén teña medo. Onde a igualdade sexa real. A prevención é a principal ferramenta para facer dos nosos pobos e cidades lugares nos que a igualdade real sexa un feito”.
A edil ribadense seguiu a relatar: “este ano, todas as actividades do 25N foron pensadas para facer visible o compromiso colectivo e para poñer en valor os vínculos que nos protexen: a educación, a cultura, o acompañamento, a sororidade e a acción comunitaria. Os paraugas contra a violencia, que hoxe penduran sobre nós, son o símbolo desta campaña. Foron creados polo alumnado dos centros educativos, pola Asociación de Amas de Casa, polas Mulleres Rurais do Norte, pola Escola de Música, polo Centro de Día e polas mulleres participantes nos obradoiros Tecendo Igualdade e Rachando Violencias. Agradezo de corazón o traballo feito. Debaixo deles, compartimos hoxe este acto e debaixo deles lemos o manifesto, porque representan esa rede que sostén, abriga e protexe. Porque cando unha muller sofre violencia, todas e todos debemos abrir o paraugas e protexela, a violencia de xénero non é un asunto privado, é cousa de todas e todos. Para ver todas mensaxes e traballos artísticos teremos que facer un percorrido aquí pola Praza de Abastos, polo auditorio, a oficina de turismo e a Escola de Música. A meteoroloxía fíxonos meter os paraugas a cuberto, pero así poderemos desfrutalos máis tempo e merece moito a pena. Nos centros educativos desenvolveuse tamén Cartas contra a Violencia, a través de tres modelos de postais —dúas delas ilustradas polos nosos Cocos reivindicando o lema da campaña— que desde hoxe poden visitarse na oficina de turismo. Escoitar ás xeracións máis novas é esencial: nelas está o futuro dunha sociedade que non normalice o dano. E estes días repártense entre os comercios e a hostalaría de Ribadeo unha serie de pegatinas coa mensaxe da campaña, decoradas coa nosa Illa Pancha, un símbolo querido e identitario que reivindicamos agora como faro de igualdade, que proxecta luz e ensina o camiño. Porque tamén nos espazos da vida cotiá debe quedar claro que aquí non hai lugar, nin escusa, nin silencio fronte á violencia machista”.
Begoña Sanjurjo concluíu a súa intervención lembrando as actividades previstas para estes días: “hoxe teremos teatro ás 20:00 no Auditorio, coa obra Vitória, historia dunha denuncia, de Iria Pinheiro. O domingo teremos a música e a poesía de Na Casa Delas, a cargo de Son de Corda, que homenaxearán ás grandes poetas galegas como Luz Pozo Garza, algún dos poemas con música de Carme Rodríguez. A programación completarase,dentro do programa O Concello cos coles co monólogo Golpes. A cultura abre preguntas, xera conciencia e convídanos a mirar a realidade sen filtros. Todos estes actos teñen un fío común: construír unha vila que non permita a violencia, que non a xustifique e que non a cale. E como Concelleira de Igualdade, quero dicir alto e claro: Ribadeo non acepta a violencia machista como parte da vida. Non a normaliza, non a relativiza, non a ignora. Ribadeo planta cara, acompañando ás vítimas, educando á mocidade, implicando á comunidade e reforzando os recursos públicos”.
Ata a Praza de Abastos se achegaron concelleiras ribadenses, representantes dos centros de ensino, de diferentes asociacións e veciñas e veciños.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



