Ribadeo, 5 de novembro de 2025. A Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar este domingo, 9 de novembro. O importe das inscricións, que seguen abertas, será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.
A Gladiator Race regresa a Ribadeo para celebrar a súa versión Family, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 11 anos.
Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións será de 6 euros e poderán abonarse a través da web oficial da carreira: www.gladiatorraceoficial.es.
As nenas e nenos, sempre acompañados dun adulto, poderán gozar dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos a través de dous percorridos: un de 500 metros para participantes entre 3 e 5 anos e outro de 900 metros para a franxa de 6 a 11 anos. Ao finalizar a proba, todos os participantes recibirán unha medalla finisher.
As inscricións aínda están abertas e os 6 euros do seu importe destinaranse integramente á Cruz Vermella Ribadeo a través do proxecto Mediolanum Aproxima. Ademais, a Fundación Mediolanum en España tamén participará na carreira e duplicará as doazóns que se consigan entre 2.000 e 5.000 euros.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a todas as nenas e nenos de 3 a 11 anos de Ribadeo e de toda a contorna a participar na Gladiator Kids este domingo, 9 de novembro. Será unha xornada diferente para compartir en familia e entre amigos e coa solidariedade como bandeira, xa que todo o recadado será para a Cruz Vermella de Ribadeo. Cantos máis sexamos participando máis fondos poderemos destinar para o importante traballo que realiza esta entidade”.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



