Viveiro, 5 de decembro de 2025. A Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro e a Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias, (AFA Viveiro) puxeron en marcha, un ano máis, unha entrañable colaboración con motivo da campaña do Nadal. Os usuarios e usuarias de AFA elaboraron de maneira artesanal unha serie de adornos do Nadal que foron entregados como obsequio aos comercios do centro histórico, nun xesto cargado de proximidade, solidariedade e espírito comunitario.
O proxecto, ademais de contribuír a decorar os establecementos de Viveiro con pezas únicas, permitiu ás persoas usuarias de AFA participar nunha actividade creativa e terapéutica que fomenta a estimulación cognitiva, as habilidades manuais e a participación social. Pola súa banda, os comerciantes recibiron novamente este detalle con gran agradecemento, destacando o agarimo e a dedicación cos que se realiza cada adorno. Moitos deles subliñan que se trata dun xesto moi especial que esperan cada ano e que fortalece o vínculo entre o comercio local e as entidades sociais da cidade.
Desde a Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro destacan que esta colaboración “refuerza los lazos entre el comercio local y las entidades sociales del municipio, recordándonos la importancia de construir una comunidad unida y sensible”.
AFA Viveiro, pola súa banda, subliña que este tipo de actividades “permiten visibilizar la realidad del Alzheimer y el trabajo diario que se realiza con los usuarios, al tiempo que fomentan su autoestima y participación activa en la vida del pueblo”.
A entrega dos adornos levouse a cabo nun ambiente próximo e festivo, reafirmando o compromiso compartido de ambas as entidades por un Viveiro máis inclusivo, humano e solidario.























Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en: https://www.nonormal.org/
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



