Foz, 30 de decembro de 2025. A Aula Universitaria da UNED de Foz celebrará o vindeiro 14 de xaneiro de 2026, ás 16:00 horas, o Roteiro Interpretativo Aves Invernantes, unha actividade aberta ao público e de carácter gratuíto. A iniciativa estará guiada por Pedro Rolle, especialista en biodiversidade, quen acompañará ás persoas participantes nun percorrido divulgativo polo entorno natural da vila. O punto de encontro situarase na entrada de Foz, desde onde a comitiva se dirixirá aos arredores de Vilaxoane. “O roteiro presenta unha dificultade baixa, un trazado aproximado de 3 quilómetros e unha duración estimada de dúas horas”, anuncia a Aula Universitaria da UNED de Foz, que engade: “esta acción formativa ten como finalidade principal a observación e identificación das distintas especies de aves invernantes que, procedentes do norte de Europa, permanecen na comarca durante os meses de inverno. Ademais búscase fomentar a sensibilización e o coñecemento da biodiversidade local entre a cidadanía”.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muiña, subliña que “esta iniciativa representa unha oportunidade para promover o coñecemento científico entre a poboación, mediante actividades de divulgación que reforzan o vínculo da cidadanía co seu en torno natural”.
Pola súa banda, Elena Martínez Pena, concelleira da Aula, salienta que “o roteiro Aves Invernantes supón unha oportunidade única para aprender sobre as especies que nos acompañan no inverno, ampliando a oferta formativa e cultural do noso municipio”. Engade, ademais, que este tipo de actividades “favorecen o contacto interxeracional coa natureza e invitan a gozar do medio dun modo respectuoso e educativo”.
A organización anima a toda a veciñanza e visitantes a participar “nesta experiencia de aprendizaxe ao aire libre e a coñecer de preto o comportamento das aves durante a estación invernal”.
Para obter máis información e formalizar as inscricións, as persoas interesadas poden dirixirse á Aula Universitaria da UNED en Foz a través das súas canles habituais, consultar a súa web oficial ou mediante o correo foz@lugo.uned.es e os teléfonos 982.133.699 e 604.034.549.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



