Santiago de Compostela, 25 de decembro de 2025. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse recentemente cunha delegación da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, Anmupesca, encabezada pola súa presidenta, Pilar Otero, para analizar distintas vías de apoio da Xunta ás traballadoras autónomas, outras cuestións do ámbito laboral e retos relacionados con este sector, entre eles a remuda xeracional femenina. Na xuntanza tamén se abordaron aspectos relacionados coa comercialización, como a dinamización das prazas de abastos de Galicia.
En relación co apoio ao colectivo de autónomos, a Xunta volverá convocar no 2026 a orde unificada de axudas, cun orzamento próximo aos 41 M€, e da que poden beneficiarse as mulleres autónomas da cadea mar-industria. Esta orde integra os principais programas de apoio, que abranguen desde o inicio da actividade ata a consolidación e mantemento, incluíndo medidas de conciliación, entre outras. No encontro tamén se destacou a importancia de seguir traballando na prevención e saúde laboral, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), que desenvolve campañas de sensibilización neste eido. Na reunión tamén estiveron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



