Viveiro, 24 de decembro, 2025. O BNG de Viveiro lamenta que Rueda viñera anunciar que Viveiro non contará cunha Vía de Altas Prestacións (VAC), malia existir un compromiso desde hai 25 anos para construíla. Así o denunciou a portavoz nacionalista, Iria Cotelo, quen afirmou que “repítese o mesmo conto de hai un cuarto de século, cando Fraga anunciaba o desvío da Transcantábrica e prometía como compensación a VAC Costa Norte, baixo o aplauso dos alcaldes do PP”.
Cotelo lembrou que naquela altura “milleiros de persoas botáronse ás rúas en Ferrol e Viveiro para reclamar unha infraestrutura digna”. Agora, engadiu, “Rueda degrada a VAC a unha estrada convencional e o PP volve a aplaudir. Calquera día dirán que o mellor é un carreiro, e tamén haberá quen o celebre”. En todo caso, subliñou que “o tempo acabou poñendo a cada quen no seu sitio na historia desta comarca, e volverá facelo. A veciñanza sábeo e volverá saír á rúa diante dunha nova tomadura de pelo do PP”.
Desde o BNG explican que a exposición pública do proxecto “comezou de maneira alentadora, cunha proposta de VAC que suporía un investimento importante, superior aos 200 millóns de euros”. Porén, denuncian que posteriormente se produciu “un xiro inxustificable”, ao anunciarse que finalmente non se fará unha VAC, senón unha estrada convencional. Isto supón, segundo os nacionalistas, “un trazado sinuoso, con fortes pendentes, sen posibilidade de desdobramento e cun orzamento reducido a unha cuarta parte do inicialmente previsto”.
Lembran tamén que os tramos actualmente en servizo, licitados durante o goberno do bipartito, “prevían a posibilidade de desdobramento e a súa conversión en autovía”. Pola contra, “o PP condena agora a Viveiro a unha estrada de segunda categoría, que quedará como un parche durante décadas. Xa non é só que non cumpran, senón que recortan incluso as súas propias promesas”.
O BNG advirte de que este anuncio pode ser un novo “globo sonda”, do mesmo xeito que ocorreu coa ponte de Celeiro. “Está claro que o PP busca a confrontación e o conflito; se non fose así, virían anunciar directamente a licitación do trazado aprobado hai 20 anos e nas condicións prometidas”, sinalan. Ao seu xuízo, o Goberno galego “pretende gañar tempo e xustificar a moción de censura, deixando pasar unhas novas eleccións municipais”, ao tempo que xa recoñece que “dificilmente as obras comezarán antes de que remate o actual mandato galego”.
Ante esta situación, o BNG asegura que a súa posición é clara: “seguimos coa nosa campaña, agora con máis motivos ca nunca, por unha VAC e por un verdadeiro Corredor da Costa”.
Iria Cotelo reclama a Rueda que se pinte a estrada da Gañidoira
Iria Cotelo aproveitou o saúdo ao presidente da Xunta e á conselleira de Infraestruturas, María Martínez, para trasladarlles o “profundo malestar pola degradación da Variante de Viveiro” e para reclamar que se pinte de maneira urxente a sinalización horizontal na estrada da Gañidoira. Segundo advertiu, “circular por esta vía nas condicións actuais supón un risco evidente, especialmente de noite e con chuvia ou néboa, circunstancias moi habituais nestes días”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



