Ribadeo, 23 de decembro de 2025. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena o día 27 de decembro, sábado. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval, con entrada de balde ata completar o aforo.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “chegadas estas datas do Nadal unha cita ineludible é o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo titulado Aquí como en Viena. Este ano será o sábado 27 de decembro ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval e dividiremos o programa en dúas partes: a primeira con música típica do Nadal e máis festeira, por dicilo dalgunha maneira; e logo unha segunda parte na que, como ben di o título do concerto, Aquí como en Viena, interpretaremos polcas e valses típicos do concerto de Aninovo en Viena”.
David Ballester destaca que nesta actuación a Banda de Ribadeo estreará sete obras, “co cal seguimos ampliando o noso repertorio para que a xente que nos ven ver disfrute o máximo posible”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.


