A tradicional carreira solidaria de Reis disputarase o domingo 4 de xaneiro con récord de participación na categoría absoluta. As inscricións permanecerán abertas ata o xoves día 1 incluído
Barreiros, 29 de decembro de 2025. Barreiros acollerá a primeira das probas pertencentes ao seu Circuíto de carreiras populares “Circuíto +kmsBarreiros”, que ademais da carreira absoluta e de menores contará cunha andaina solidaria con dúas distancias (8 e 13kms) a escoller polas persoas participantes.
O aporte solidario desta edición irá destinado a prol da asociación SOMOS, unidos por el cáncer e desde o Concello agardan superar a cifra recadada o ano anterior que foi de 667 euros. Na páxina web do evento www.maiskmsbarreiros.gal poden facerse as inscricións ao igual que está dispoñible un Dorsal 0 no que se pode colaborar co aporte solidario sen necesidade de participar nas probas.
Esta primeira proba servirá para establecer os primeiros candidatos e candidatas a repartirse os 1.000 euros en premios que están en xogo nas distintas categorías do Circuíto +KmsBarreiros 2026 así como premiará aos mellores clasificados individuais absolutos co tradicional Roscón de Reis e cun lote de productos de Porco Celta que tamén conseguirá o mellor Club da carreira.
Ademais haberá chocolatada e roscón de balde para todas as persoas inscritas e levarán un agasallo en forma de camiseta os 250 primeiros inscritos tanto na andaina como na carreira absoluta e estes últimos tamén terán outro agasallo da organización.
Dende o Concello de Barreiros, entidade organizadora do evento, agradecen a colaboración doutras entidades como a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, das asociacións Praias de Comado, CC Ollomao, AD Aguas Santas, Protección Civil de Barreiros e de todos os patrocinadores e voluntarios que quixeron colaborar coa carreira, e animan a toda a veciñanza a inscribirse e a asistir a un evento que achegará a Barreiros preto de 500 persoas.
A saída e a meta estarán situadas ao carón do Centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, sendo a saída da andaina ás 10:30h, as carreiras de menores ás 11:10h e a carreira absoluta ás 12h.”





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



