Viveiro, 2 de decembro, 2025. O Centro Comercial Histórico de Viveiro dá o pistoletazo de saída á súa Campaña de Nadal cunha ampla programación que inclúe decoración nos negocios asociados, ambientación musical, concursos e un gran sorteo con 6.000 € en premios.
Sorteos e premios
• Calendario de Advento (1-24 decembro): cada día repártese un premio de 100 €, cun total de 2.400 €. Os clientes poden participar subindo os tíckets de compra á APP VIVEIROCCH.
• Sorteo dos 3 soldos de 1.200 €: clásico do Nadal viveirense, con 3 premios en vales de compra (100 € ao mes durante un ano). As rifas comezan a repartirse o 26 de decembro e o sorteo celebrarase o 4 de xaneiro ás 21:10 h na Praza Maior, presentado por Dani Ríos. Esta será xa a 13ª edición.
Decoración e ambiente
• As entradas dos negocios asociados lucirán árbores de luces LED, guirnaldas e, como novidade, alfombras vinílicas vermellas con mensaxes de Nadal.
• As rúas estarán ambientadas con panxoliñas grazas ao fío musical instalado no centro urbano.
Casita de Papá Noel
• Do 21 ao 24 de decembro, de 17:00 a 20:00 h, Papá Noel e os seus elfos recibirán os nenos na Praza Maior.
• Repartiranse 8.000 cartas para que os máis pequenos poidan escribir as súas peticións.
• Ademais, instalarase un buzón xigante para depositar cartas fóra do horario da casita.
• Nas vindeiras semanas tamén se repartirán cartas para os Reis Magos.
Comercio local e agasallos
• Repartiranse 20.000 bolsas de papel e pegatinas para preparar os agasallos e dar un toque especial ao packaging.
• As Tarxetas Regalo do CCHV, personalizadas e válidas en máis de 130 negocios, ofrecen unha opción segura para quen non sabe que mercar.
• O comercio local abrirá en datas especiais: sábado 6 de decembro, domingo 21 e domingo 4 de xaneiro.
Con esta programación, Viveiro consolídase un ano máis como referente de compras na comarca, enchendo as súas rúas de ambiente festivo, ilusión e premios.




















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



