Mondoñedo, 2 de decembro, 2025. Este venres 5 de decembro, ás 17 horas, inaugúrase na Taberna Galiana de Mondoñedo a exposición de pintura de Elia Amieiro. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 15 de xaneiro.
Elia Amieiro Gómez naceu en Sasdónigas (Mondoñedo). Sendo aínda nena trasladouse con súa familia a As Pontes, e máis tarde a A Coruña e posteriormente a Oleiros. A vida levouna despois a Madrid, de onde regresou hai uns anos para instalarse definitivamente na súa terra. Na actualidade reside en Oleiros.
Moitos lembran a Elia Amieiro como unha pioneira do atletismo feminino. Con 19 anos converteuse na primeira plusmarquista española nos 1.500 metros lisos, cun tempo de catro minutos e cincuenta e dous segundos. En 1969 non só foi campioa de España, senón que o 24 de febreiro apareceu na portada do xornal Faro de Vigo —baixo a dirección de Álvaro Cunqueiro— co titular Campeones gallegos de campo a través, acompañada da súa fotografía xunto á de tres atletas homes.
A pintura é outra das súas grandes paixóns, á que dedicou boa parte da súa vida. Esta exposición é unha mostra do seu traballo artístico, no que a súa terra e as súas orixes mindonienses ocupan sempre un lugar central.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



