Mondoñedo, 8 de decembro de 2025. Os integrantes dos gobernos municipais do Concello de Mondoñedo durante os mandatos 2007‑2011 e 2011‑2015, ante a versión incompleta e malintencionada que o PP pretende trasladar á opinión pública sobre a xestión económica daqueles anos, queren aclarar e puntualizar o seguinte:
1. Situación herdada en 2007
Cando o goberno de coalición BNG‑PSOE accedeu á Alcaldía en 2007, atopouse cunha situación económica caótica e inesperada. As contas non se presentaban desde o exercicio 2004; a contabilidade de 2005 estaba sen pechar e as de 2006 e 2007 sen abrir.
A débeda a longo prazo ascendía a 1.194.017,40 €, e a débeda a curto prazo situábase en 5.210.344,98 €, incluíndo unha operación de tesourería de 80.000 €.
Ademais, só a débeda recoñecida por sentenzas xudiciais de empresas que presentaran contenciosos‑administrativos contra o Concello por impagos de certificacións de obras de mandatos anteriores ascendía a 1.200.000 €, incluídos xuros de mora.
2. Prioridades dos gobernos 2007‑2011 e 2011‑2015
Ante esta situación, aqueles gobernos estableceron como prioridades:
• Normalizar a contabilidade municipal, partindo dunha práctica inexistencia da mesma, coas dificultades técnicas que isto implicaba.
• Saldar progresivamente as débedas contraídas con provedores e adxudicatarios de obras mediante acordos puntuais, contención do gasto, depuración de saldos e acolléndose ao coñecido Plan Montoro para o pago a provedores, que obrigaba a formalizar unha operación crediticia e un plan de axuste. Esta decisión era necesaria para poder saír da situación herdada.
3. Situación económica en 2015
É certo que, cando o novo goberno entrou en 2015, aínda existía débeda pendente de amortizar, pero a situación económica estaba en boa medida saneada e controlada.
A 9 de xuño de 2015, os saldos das contas bancarias do Concello sumaban 1.311.244,50 € en fondos líquidos, unha cantidade que seguramente permitiu a cancelación definitiva da débeda contraída para o pago a provedores.
Ademais, quedaban asinados coa Deputación de Lugo diversos convenios para o exercicio 2015 por valor de 318.845,07 €, así como obras contratadas e en execución por importe de 150.041,25 €, e en trámite de adxudicación a compra dun camión por 57.596 €.
Por último, os cogobernos daqueles mandatos, malia a situación económica descrita, sempre preservaron e garantiron o pago das nóminas —non existiu ningún impago— e o mantemento dos servizos municipais, ao tempo que realizaron xestións co resto de administracións públicas para obter novas obras e servizos en condicións favorables de financiamento.
Conclúen que, se despois de dez anos de goberno, o PP non ten nada que ofrecer máis alá dunha mirada retrospectiva cargada de mala intención, deberían pechar a porta ao saír.
Asinan este escrito:
Manuel Orlando González Cruz
Modesto Díaz García
Ánxel Díaz García
Magdalena Doménech Gruñeiro
Elena Freire Castro
Xusto Fernández Haro






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



