Alfoz, 18 de decembro, 2025. Organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Alfoz, o venres 19 ás 20:00 h., na Casa da Cultura, terá lugar a presentación da novela As donas da noite, galardoada no X Concurso de Relatos “Balbino” e publicada por Edicións Fervenza, entidade convocante do certame.
Esta novela supón a cuarta obra narrativa longa do autor Lionel Rexes, tras A raíña das velutinas, A montaña do poeta e Nove lúas.
No evento estarán presentes os responsables da editorial, membros do xurado do certame, e representantes da Xunta e da Fundación “Neira Vilas”, entidades colaboradoras no concurso literario. O propio autor asinará exemplares ao final do acto.
As donas da noite é unha obra pensada para o público xuvenil, aínda que apta para calquera tipo de lector. O seu argumento enfronta dúas realidades (urbe/rural) en que os personaxes deberán desenvolverse aprendendo uns códigos para eles descoñecidos, pois trátase de persoas novas, en idade universitaria e habituadas ao ámbito urbano.
Do mesmo xeito mestúrase na trama a materia lendaria, influída polas supersticións propias dos ámbitos máis tradicionais, coas actitudes irreflexivas inherentes á xuventude.
Todo empeza cando catro estudantes, dúas rapazas e dous rapaces, deciden retirarse a unha aldea durante unha ponte festiva para artellar a implantación dun sindicato nas súas facultades. Na aldea deberán contactar cun individuo de mediana idade, alguén vinculado a círculos contestatarios disposto a orientalos e aconsellalos, mais, ao mesmo tempo, este personaxe inquietante irá introducíndoos nun submundo que a sociedade rural mira de esguello e con certo reparo. A partir de aí o desenvolvemento da acción tórnase vibrante por culpa dos celos, as desconfianzas, as traizóns e unha especie de maldición a planear sobre todos eles.
O xurado encargado de escoller a novela gañadora destacou deste texto: “A súa inmersión nun rural poliédrico no que convive o herdo espiritual de séculos coas novas realidades sociais, laborais e relacionais. Salientando a visión de aldeas complexas e arredadas de visións bucólicas ou idílicas, substituíndo isto nas súas páxinas por potentes personaxes que nos enfrontan á supervivencia do agro galego, os movementos asociativos e a convivencia entre tradición e modernidade. Escrita cunha prosa poderosa, de diálogos incisivos, As donas da noite é unha novela que agradará a aquel lectorado que desexe contemplar o noso rural cunha outra ollada.”
A portada do libro foi deseñada polo fotógrafo e creador audiovisual valadourés Carlos Cornide “Belga”.





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



