Daniel García subliñou o incremento dos importes e das ganderías beneficiarias, entre as que se distribuirán 350.000 euros
Lugo, 2 de decembro 2025. 72 ganderías recibirán axudas do programa de apoio ao silvopastoreo “O que non arde” da Vicepresidencida da Deputación de Lugo, segundo a resolución provisional da convocatoria de subvencións publicada este luns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Trátase de ganderías de cabalar, ovino, cabrún e porcino en extensivo, que recibirán achegas para financiar a instalación de pastores eléctricos , valados electrificados, colares intelixentes, pasos canadenses, refuxios e outros elementos para silvopastoreo como cepos, curros, mangas ou comedeiros e bebedeiros. En total, a área de Rural distribuirá 350.000 euros entre as ganderías beneficiarias.
O deputado de Rural Daniel García destacou que “ o reforzo orzamentario do programa, que se triplicou este ano, permítenos chegar a máis de setenta ganderías en extensivo de toda a provincia” e subliñou tamén “o incremento das contías , con importes que chegan aos 12.000 no caso daquelas que solicitaron axudas para a compra de colares intelixentes, unha das novidades que introducimos este ano na convocatoria co obxectivo de impulsar o acceso das gandería ás innovacións tecnolóxicas que facilitan o traballo sobre o terreo”.
Nese senso, o responsabel provincial valorou “a gran demanda destas axudas como un termómetro das necesidades e demandas destas ganderías, que son fundamentais para a conservación do territorio e da poboación no rural” e lembrou “a aposta por este modelo produtivo a través da convocatoria, que supón preto do 14 por cento do orzamento da área de Rural”
Na resolución da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, aplicáronse os criterios establecidos nas bases, que priman o silvopastoreo con animais de razas autóctonas, a condición de explotación prioritaria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REGA), a ubicación dalgunha das parcelas nas que se desenvolve a actividade en zona de montaña, a pertenza a asociacións de produtores gandeiros ou a titularidade feminina das ganderías, entre outros baremos.
Coa publicación da resolución provisional, abre un prazo de 10 días – a contar desde hoxe – para a presentación de alegacións.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



