Riotorto, 6 de decembro de 2025. O BNG de Riotorto esixe a retirada inmediata das cámaras de vixilancia do ximnasio municipal e do pavillón do colexio tras a falta de explicacións do goberno municipal sobre a xestión das imaxes durante o pleno celebrado este venres
A portavoz Vanesa Gómez denunciou “a falta de aclaracións de Clemente Iglesias sobre a recepción e a custodia das imaxes, a pesar da presenza no pleno de veciñas e veciños que tiñan expresado reiteradamente a súa alarma por este asunto. Non escoitaron explicacións, nin atisbo de rectificación”, lamentou a concelleira nacionalista.
“Ante a preocupación pola presenza de imaxes nun móbil de uso persoal do alcalde, o lóxico é que se dean todas as explicacións, se asuman responsabilidades e se ofrezan garantías para o futuro. Como non se deron e se insiste en negar a evidencia, as cámaras non poden seguir no ximnasio nin no pavillón”, argumentou a concelleira nacionalista.
“As cámaras instaláronse sen avisos nin carteis informativos, incumprindo claramante a normativa, e só despois de que as persoas afectadas pola exposicion da súa privacidade reclamasen, o alcalde e o seu entorno comezaron a intentar tapar furados, cun desprezo absoluto pola verdade e unha falta de respecto intolerable cara as persoas afectadas. Desde o BNG insistiremos en que se ofreza a documentación requerida, e se asuman responsabilidades pola xestión das imaxes”, concluíu























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



