Demandan da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos a dotación de recursos para garantir a prestación do servizo nas debidas condicións
O Valadouro, 30 de decembro, 2025. O Grupo Municipal do BNG do Valadouro presentou unha moción para abordar no próximo pleno a situación “claramente insuficiente” do servizo de Correos na localidade, que tamén atende ao concello veciño de Alfoz. Os nacionalistas alertan de que o servizo pasou de catro carteiros a só dous, debido á falta de reposición de prazas e á non cobertura dunha baixa laboral.
Segundo explican os edís Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro, esta redución de persoal está a provocar atrasos nun territorio rural, disperso e cun volume importante de correspondencia oficial: pasaportes de gando, notificacións de catastro, sancións de tráfico, citas médicas ou comunicacións do Sergas. “A poboación do Valadouro e Alfoz non é nova, e estes atrasos teñen consecuencias directas”, sinalan.
O BNG denuncia tamén que Correos está a introducir novos servizos con criterios comerciais, como a venda de seguros, o que incrementa a carga de traballo dun persoal xa saturado. A formación considera que esta situación deriva nun peor servizo postal e nun deterioro das condicións laborais, nun contexto de “liberalización encuberta” do servizo postal público.
“Ao final, a gran prexudicada é a veciñanza”, afirma Eduardo Chao, quen lembra que o rural leva anos sufrindo recortes en servizos esenciais. O BNG indica que a problemática xa foi trasladada á Oficina Técnica de Mondoñedo, da que dependen as oficinas de Ferreira e Alfoz.
O que pide o BNG
A moción solicita que o pleno inste á Dirección de Correos a dotar a oficina do Valadouro dos recursos humanos e materiais necesarios para garantir un servizo postal público e de calidade. Ademais, piden que o Concello exprese o seu apoio ás traballadoras e traballadores da oficina nas súas reivindicacións laborais.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



