Barreiros, 30 de decembro de 2025. O Concello de Barreiros vén de recibir nestes días novo material destinado ao préstamo para a veciñanza que o precise para a atención de persoas nos seus domicilios.
A alcaldesa, Ana Ermida, e a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, achegáronse a comprobar a entrega do material adquirido con cargo a un recente convenio asinado coa Deputación.
A concelleira responsable de Servizos Sociais, Carmen Veiga, lembrou que se “trata da segunda remesa de material que se merca con apoio da Deputación, tras un primeiro investimento no servizo no ano 2020 de 20.000 euros, cos que se adquiriron entre outros camas articuladas, cadeiras de aseo, lavacabezas e andadores”.
Ana Ermida sinalou a “importancia de contar cun servizo coma este, que pon a disposición da veciñanza material de necesidade temporal e cun custo elevado, que moitas veces é difícil de asumir polas familias. Deste xeito, facilitamos as atencións ás persoas nos domicilios que, pola razón que sexa, precisan de asistencia”.
O Concello de Barreiros, tras os investimentos realizados nos últimos anos, conta con material moderno e de uso sinxelo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello e que cuxa solicitude se resolve de xeito áxil. Con estes investimento, sumáronse un total de 11 camas articuladas cos correspondentes colchóns, 6 colchóns antiescaras, 11 cadeiras de aseo adaptadas a diferentes espazos, como bañeiras ou duchas, 4 asideiros para o baño, 2 grúas, 2 andadores, 4 lavacabezas e outros materiais para uso do Servizo de Axuda no Fogar, como termómetros ou tensiómetros.
A rexedora e a concelleira ratificaron o compromiso do Concello de Barreiros no ámbito dos servizos sociais e a atención ás persoas, poñéndoas no centro das políticas, dos investimentos e contribuíndo a que en Barreiros se viva mellor.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



