Xove, 18 de decembro, 2025. O Concello de Xove impulsa unha nova edición do FAIO DE GENEROSA – II Mercado de Nadal, unha iniciativa que busca poñer en valor o talento das pequenas empresas do municipio e da contorna, ademais de fomentar que o comercio local sexa a primeira opción nas compras destas festas.
Datas, lugar e horario
O mercado celebrarase na Oficina de Turismo de Xove os días 20 e 21 de decembro de 2025.
Horario de apertura:
• 11:00 a 14:00 h
• 17:00 a 21:00 h
Organiza: Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove.
Empresas participantes
• Panadería Maral
• Lebre de Abril
• Estética Marta
• A Repulida
• Miña Rula
• Glarual Ecoshop
• Mel do Sierra
Programación destacada
Sábado 20
• 11:00 h · Inauguración a cargo de Dolores Meitín, concelleira de Cultura, e visita guiada polos postos.
• 18:00 h · Aparición dun misterioso personaxe chegado de 1925 na procura de Generosa Villalba.
Domingo 21
• 11:00 h · Visita dun segundo personaxe chegado de 1925.
• 12:30 h · Actuación de Xaora Cantareiras: Cantares de Reis.
• 20:00 h · Sorteo dun baúl con produtos do mercado. As rifas entréganse con compras iguais ou superiores a 10 €.
Actividades complementarias
Obradoiros infantís de Nadal – Coral Pardo Educación
Avda. Deputación 24, Xove
• Sábado e domingo, de 17:00 a 21:00 h
• Prezo: 5 €/hora ou 15 € toda a tarde
Inclúe merenda.
Racións Generosa – Cafetería Antoxo
Avda. Deputación 28, Xove
• Sábado 20 e domingo 21
• Prezo: 6 € / unidade
Menús Generosa
• A Fuga (R/ Tomás Mariño Pardo 8) – Domingo 21 · 18 €
• Bar Pepe (Avda. Deputación 71) – Domingo 21 · 18 €






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



