Mondoñedo, 18 de decembro, 2025. A Capela da Venerable Orde Terceira (VOT) de Mondoñedo acollerá o vindeiro 22 de decembro de 2025, ás 17:00 horas, unha xornada de divulgación sobre os traballos de restauración realizados no seu retablo maior, unha destacada peza do patrimonio artístico e relixioso local.
A intervención, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia cun investimento de 95.469 euros, foi executada por CREA Restauración e tivo como obxectivo a recuperación integral deste retablo barroco, valorado tanto pola súa calidade artística como polo seu peso histórico e devocional.
Os traballos, iniciados en xuño deste ano, incluíron:
• Estabilización estrutural do retablo
• Corrección dos problemas de acceso polas portas laterais
• Desinsectación e consolidación do soporte
• Fixación e limpeza das policromías
• Reintegración matérica e cromática das zonas deterioradas
Durante a xornada explicaranse as principais fases da intervención, as técnicas empregadas, os problemas de conservación detectados e os criterios adoptados para garantir a preservación e posta en valor desta obra singular.
A sesión está aberta ao público interesado en coñecer de primeira man o proceso de restauración dun dos elementos máis emblemáticos da capela mindoniense.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



