A reunión dos órganos reitor e consultivo tivo lugar esta mañá no Pazo de San Marcos e serviu tamén para aprobar a programación de actividades do 2026
A Reserva da Biosfera de Terras do Miño, que xestiona a Deputación de Lugo, incorpora oito novo membros no seu órgano de participación: a asociación Arboretum Pinetum Lucus Augusti (de Outeiro de Rei); asociación O Cadaval de Pacios (Castro de Rei); asociación Amigos do Museo de Pepe de Pígara (Guitiriz); Club Os Troiteiros (Lugo); asociación veciñal de Laxosa “Airamonte” (O Corgo); asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo (Friol, Rábade, Outeiro de Rei, O Corgo, Castroverde, Guntín e Lugo); asociación veciñal da Ribeira do Lea (Castro de Rei) e Club Amigos do Río Parga (Guitiriz). Así o acordou o órgano reitor do territorio na reunión celebrada esta mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
Son colectivos do máis diverso, algúns centrados na conservación das especies en perigo de extinción; outros na organización de actividades culturais que poñan en valor o patrimonio; no impulso de actividades deportivas como a pesca ou o coidado dos ríos; no desenvolvemento económico e social do territorio; no fomento do asociacionismo; ou na conservación do patrimonio etnográfico. Coas entidades que se incorporaron hoxe, son xa 74 os membros que conforman o consello consultivo desta reserva ademais dos 26 concellos que a conforman e os tres grupos políticos con representación na institución provincial.
Na reunión celebrada hoxe aprobouse tamén a proposta de programación de actividades para todos os públicos para a anualidade 2026 e, entre as que se inclúen 27 ofertadas aos municipios que conforman a Reserva. Talleres de plantas medicinais, arte floral, preservación de alimentos, reciclaxe, enxertos, micoloxía ou técnicas de cultivos; xornadas ambientais; ou xogos de Nadal. Finalmente, nas reunións dos órganos reitor e participativo tamén se presentou a memoria das actividades realizadas este ano, 2025 e as actuacións estratéxicas da Reserva que vertebrarán o 2026.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



