Antonio Ameijide cualifica a actitude dos nacionalistas de “cinismo absoluto” recordando como “a súa permanencia no goberno provincial é dunha hipocrisía difícil de xustificar porque se queren demostrar un compromiso firme coas vítimas, o que deberían facer é romper o goberno de inmediato para forzar unha saída inmediata dun presidente e deputado acusado de acoso sexual”
Lugo, 15 de decembro de 2025. Cando está a piques de cumprirse unha semana desde que estalou o escándalo dos presuntos casos de acoso sexual por parte de José Tomé, na Deputación de Lugo todo segue igual, pese á gravidade dos feitos coñecidos.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “non houbo ningunha dimisión real, ningún cese e, o máis preocupante, ningunha explicación pública”.
Antonio Ameijide recorda que, co paso dos días e coas declaracións que están a realizar varios dos supostos encubridores do caso, “cada vez resulta máis evidente que o sucedido era coñecido dentro do PSOE, tanto a nivel provincial como autonómico e ninguén asume responsabilidades, pese á gravidade dos feitos”.
Antonio Ameijide denuncia que na Deputación de Lugo “hai un silencio preocupante”, unha situación que “non debería de darse xa que dende o primeiro minuto habería que dar as explicacións oportunas, porque a realidade é que cada día están a danar máis a imaxe da institución”.
Nesta situación, unha das supostas encubridoras, Pilar García Porto continúa sen dar explicacións. José Tomé continúa exercendo como presidente, como se nada tivese pasado, “pretendendo normalizar unha situación insostible, mantendo a dirección institucional nos mesmos despachos e permitindo que todo siga igual, con el manexando os fíos desde atrás como deputado non adscrito”. Como exemplo, presidir a xunta de goberno provincial o pasado venres.
“CINISMO DO BNG”
Antonio Ameijide tamén fai fincapé na actitude do BNG, que cualificou “dun cinismo absoluto”. “Mentres esixen a dimisión de José Tomé e este segue a demorala, mantéñense no goberno xunto a un presunto acosar e xunto a unha presunta encubridora dos casos”, denunciou.
Neste senso, o voceiro popular explica que “a súa permanencia no goberno da Deputación representa unha hipocrisía política difícil de xustificar. Se realmente queren demostrar un compromiso firme coas vítimas, o que deberían facer é romper o goberno de inmediato”.
Ameijide recorda que “o BNG segue a ser o cómplice necesario para o PSOE” e ante esta grave crise que se viven dentro do goberno provincial o voceiro popular pregunta: “van facer algo ou van permitir que José Tomé siga presidindo a Deputación? Van continuar formando parte dun goberno sustentado cos votos dun presunto acosador e compartindo mesa con quen, presuntamente, mirou para outro lado?”.



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



