Burela, 13 de decembro, 2025. Partido moi competido cunha primeira parte con máis ocasións para o Reyco Burela que na segunda, na que xogaron un moi bo papel defensivo. Papelazo en portería por parte de João Silva, durante todo o partido, salvando Starna un dobre penalti na súa única intervención nun encontro no que reinou a precaución e intensidade por parte do cadro de David Rial.
Comeza atacando o Burela aínda que a primeira ocasión será para e Entrerríos que despexa ben João Silva. Disparo de Marquinho que se vai pola banda, chuta sacando o balón cos pés Juan Molina no minuto 3, volvendo a tentalo Izan cun bo disparo afastado que volve salvar Molina á banda. Despexa João co pé outro disparo de Tabuenca no 5, nuns minutos de xogo moi parello e sácaa outra vez, coa man, nun disparo do burelense Quelle. Minutos de defensa para o Burela, no minuto 8 non chega Marquinho coa cabeza a un centro de Meira que acaba fóra e sácaa unha vez máis João nun disparo de Shunta na seguinte xogada. Minuto perigoso para os mariñáns con varias ocasións, unha que saca Izan e outra Marquinho na área. Volven os minutos para o Reyco Burela, con posesións longas pero poucas ocasións, continuando cunha primeira parte moi igualada. Detén de novo o porteiro brasileiro un disparo de Alberto Inés no minuto 12 e bonita xogada que non logra rematar Alberto nun saque de falta no que combinan Charly e Meira. Roza o pau Marquinho no 13 tras irse de Shunta e pouco despois executa un disparo raso que roza o segundo pau. Na súa insistencia, consegue o 0-1 no minuto 16, un golazo do madeirense que regatea a Quelle xusto antes de metela por toda a escuadra. Ocasión de Muinesa a dous minutos do descanso e anúlase un gol de Alberto Inés tras unha falta por un agarrón de Jorge Tabuenca a Alán na área. Despexa coa man Molina a 1 minuto do descanso nun disparo de Pitero, que será a última ocasión da primeira parte.
Comezan atacando os locais na segunda parte, paradón de João que salva o empate sacando pola liña de fondo un taconazo de Muniesa e volve desviala, por encima da portería segundos despois. Varias ocasións consecutivas dos locais, un disparo de Koke, outro de Carlos García no 24 e outro máis de Jorge Tabuenca que salva João, recuperando Quelle que lla cede a Tabuenca e finaliza ao pau. Dispara Carlos García no 25 pero volve aparecer un inspiradísimo João co pé e dispara Izan arriba no 26. Moita defensa por parte do Burela nos próximos minutos, remata Muinesa e sácaa por encima do travesaño João Silva. Chega o empate no 29, un gol do capitán que remata cun taconazo desde a área un disparo afastado de Jorge Tabuenca. Aposta polo xogo de cinco David Rial con Marquinho. Apunto de marcar Quelle nun disparo afastado en plena situación de porteiro-xogador e pouco despois vólvea a sacar João por encima do traveseiro nunha contra e tiro de Shunta Uchida. Dispara Jorge Tabuenca tras un saque de banda rozando o pau no 34, nunha segunda parte con moi poucas ocasións para o Reyco Burela, pero no minuto 35 Charly aproveita un rexeite tras unha transición e disparo de Alán e logra o 1-2. Solicita Alfonso Rodríguez tempo morto e sae o canteirán burelense, Jorge Quelle, coa camiseta de porteiro-xogador, cun primeiro ataque que volve salvar João nunha xogada de infarto. Dispara Shunta a un minuto do final, pero a defensa laranxa desvíaa marchándose o balón rozando o pau e chega a sexta falta para o Reyco Burela na que sae Starna despexando o dobre penalti. Continúa o ataque de 5 para 4 por parte dos locais, non logrando dobregar a defensa dun entregado rival.
Ficha Técnica Entrerríos Automatizaciones 1-2 Reyco Burela FS
Entrerríos Automatizaciones (1): Juan Molina; Jorge Tabuenca, Shunta, Muinelo, Carlos García -quinteto inicial-, Koke, Quelle, Fran Tabuenca, Muniesa (C), Alberto Inés, Marcos Forga.
Reyco Burela FS (2): João Silva; Pitero (C), Marquinho, Alberto, Izan -quinteto inicial-, Charly, Meira, Alán, Starna.
Goles: 0-1, min. 16: Marquinho. 1-1, min. 29: Muniesa. 1-2, min. 35: Charly
Árbitros: Óscar Gómez // Rubén Garrido // Eduardo Sierra // Esther Sancho. Por parte do Entrerríos veu a tarxeta amarela Jorge Tabuenca (19’), Carlos García (21’) e Koke (25’) Por parte do Reyco Burela, Alán (35’) e David Rial (36’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Segunda División Masculina disputado no CDM La Granja.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


