Incide en que Altri é un exemplo máis de como o PP goberna desde a mentira, camuflando por biofábrica unha macrocelulosa contaminante
Santiago de Compostela, 14 de decembro, 2025. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, encabezou a delegación do BNG que participou na manifestación convocada polas plataformas en Defensa da ría de Arousa e Ulloa Viva baixo o lema “Altri non. Queremos vida, queremos futuro”, contra a instalación desta macrocelulosa contaminante no corazón de Galiza. Unha mostra de dignidade do pobo galego para dicir alto e claro Altri debe abandonar o proxecto.
Estamos aquí para dicir algo e claro e todos a unha que queremos que Altri abandone ese proxecto de macrocelulosa. Para dicir Altri non, Galiza si, porque cremos que ese é un proxecto que hipoteca o noso futuro”, manifestou, subliñando que Galiza merece industrias que respecten o noso medio ambiente “e non o franquismo industrial das macrocelulosas, que é o único que pode ofrecernos o señor Rueda”, recalcou.
Así comezaban as súas declaracións ante tamén unha multitude de medios de comunicación, onde aproveitou para pedirlle a Rueda que escoite o clamor social e que deixe de facer de comercial dese franquismo industrial que representa o proxecto da megafábrica de celulosa.
“Pedímoslle ao presidente da Xunta que escoite o clamor social, que deixe de facer de comercial dese franquismo industrial que representa Altri e que escoite o que lle estamos dicindo, que queremos industrias do século XXI e non industrias do pasado, que queremos coidar do medio ambiente e que Galiza pode dar moito máis que recoller proxectos que noutras partes non queren”, expresou.
O BNG sempre incidiu en que Altri constitúe un exemplo máis de como o PP goberna desde a mentira, camuflando por biofábrica o que en realidade é unha macrocelulosa contaminante. Neste sentido, durante a súa intervención ante os medios, Pontón asegurou que estamos ante un momento clave para o futuro do proxecto, que aínda segue vivo e que depende das autorizacións da Xunta de Galiza. Por iso, insistiu en que Rueda debe “deixar de facer de comercial de Altri e empezar a defender os interese xeral dos galegos e das galegas, que lle din todos á unha Altri non, Galiza si.
A multitudinaria manisfestación deste domingo para pedir que se lle dea carpetazo a Altri dunha vez por todas rematou na Praza do Obradoiro, que volveu quedar pequena para acoller a toda a xente se achegou a Compostela desde toda Galiza.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



