Nunha reunión con alcaldes e portavoces en Viveiro, onde estivo acompañado pola secretaria xeral, Paula Prado, e a presidenta provincial, Elena Candia
Viveiro, 23 de decembro de 2025. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou hoxe desde A Mariña lucense que o PPdeG peche o ano 2025 “forte” e “nun bo momento”, como puido comprobar nas diferentes reunións de Nadal. “Nun bo momento por nós mesmos e non por demérito do resto”, apuntou.
Rueda encabezou este mediodía en Viveiro unha reunión con alcaldes e portavoces da comarca, acompañado da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e da presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, ademais doutros representantes do partido na provincia, coa alcaldesa Mariña Gueimunde como anfitrioa.
O líder dos populares galegos agradeceu aos alcaldes e portavoces que formen parte dun equipo do perfil que quere a xente en Galicia: “traballador e cos principios claros, sen montar líos innecesarios”.
Neste sentido, pediulles “seguir así”, tendo “capacidade de traballar moito” e “sendo serios cando hai que selo”, en comparación cun PSOE que “está dando un espectáculo sobre todo nesta provincia” e un BNG que “despois de dar tantas leccións, é incapaz de actuar en consecuencia”.
De cara ao 2026, Rueda instou aos representantes do PPdeG a “traballar unidos”, “facer as cousas o mellor posible” e “estar preparados para o que teña que pasar”, tendo en conta a incógnita respecto das eleccións xerais. “Pechamos un bo ano e collemos con moitas forzas para o 2026”, resumiu.
Por último, agradeceu o apoio que lle dan sempre, trasladoulles o seu apoio no ano e medio que resta de cara ás eleccións municipais e asegurou estar “encantado” de participar nesta reunión: “É imprescindible vervos, escoitarvos e que me digades as cousas con sinceridade e claridade”, concluíu.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



