Xove, 19 de decembro de 2025. O pleno do Concello de Xove aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2026, que ascende a 9.212.000 € en ingresos e 8.222.000 € en gastos, cun superávit inicial de 990.000 € para garantir a estabilidade orzamentaria e o cumprimento do límite de débeda.
Principais cifras
• Gastos totais: 8.222.000 € (+428.000 € respecto a 2025)
• Persoal: 3.757.000 € (45,7%), incluíndo subidas salariais.
• Bens correntes e servizos: 3.538.800 € (43,04%).
• Subvencións e axudas municipais: 522.000 €.
• Investimentos en obras de mellora: 400.000 €.
• Ingresos totais: 9.212.000 € (+1.055.000 € respecto a 2025)
• Impostos directos (IBI, Vehículos, IAE): 4.083.000 €.
• Imposto de construcións: 360.000 €.
• Taxas e outros ingresos: 2.289.760 € (suba pola taxa do 1,5% ás eléctricas tras a posta en marcha das cubas de Alcoa).
• Transferencias Estado e Xunta: 2.027.800 €.
• Ingresos patrimoniais: 180.800 €.
• Transferencias de capital: 270.000 €.
Prioridades
A área que máis incrementa a súa dotación son os Servizos Sociais, con máis recursos para o servizo de axuda no fogar, programas de conciliación e o servizo de madrugadores.
Previsións
O goberno local prevé unha modificación de crédito no segundo trimestre de 2026, cando se dispoña de datos reais de ingresos, para acometer novas obras como:
• Mellora da rede de abastecemento de auga.
• Arranxo da rede viaria provincial en colaboración coa Deputación de Lugo.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



