A institución provincial recibiu este mércores o ditame favorable do Consello Consultivo de Galicia, un trámite obrigatorio e necesario para avanzar neste proceso e reactivar as obras de ambos centros de atención a maiores
Lugo, 30 de xaneiro de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este venres vén de aprobar a resolución dos contratos de construción das residencias da Pontenova e Guitiriz tras o incumprimento nas dúas obras por parte da empresa adxudicataria. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen recalcou que “a Deputación elaborou os informes técnicos necesarios para proceder á resolución de ambos os dous contratos”.
García Porto lembrou que “no Pleno deste martes aprobamos a ampliación do prazo dos traballos recollido no convenio coa Pontenova, porque expiraba o 15 de agosto do 2025; mentres que no caso de Guitiriz non foi necesario porque continúa en prazo. De feito, no Pleno insistimos tamén na necesidade de que o Consello Consultivo de Galicia emitise o seu ditame para poder resolver estes contratos, porque é un trámite obrigatorio e necesario para avanzar neste proceso”.
Nesta liña avanzou que “o mércores recibimos a resposta deste órgano, favorable á nosa petición para as dúas residencias e, polo tanto, xa podemos proceder á liquidación definitiva do acordo con esta empresa e continuar dando os pasos necesarios para poder reactivar as obras”.
“Con este acordo, cumprimos coa nosa palabra e reafirmamos o noso compromiso co coidado das persoas maiores, porque seguimos adiante coas obras destas dúas residencias. Facémolo a través dunhas residencias únicas que sacamos adiante en solitario, sen ningún tipo de colaboración, nin económica nin en materia de xestión, por parte da Xunta de Galicia, que como saben, é a Administración que ten atribuídas as competencias en servizos sociais”, reiterou.
Así mesmo, recordou que a institución provincial ten abertas nove residencias e que o “o noso compromiso é o de sempre, a pesar do ruído que outros queren facer”.
Máis de 900.000€ para mobilidade e infraestruturas
Na reunión desta mañá aprobouse un investimento conxunto de máis de 900.000€ para mellorar tres estradas provinciais ao seu paso polos concellos da Pastoriza, Outeiro de Rei, Begonte, O Corgo e acondicionar infraestruturas en Guitiriz.
– Licitouse por 53.545,57€ as obras para acondicionar un treito da LU-P-3006, a vía que une Meira con Pastoriza por Fonmiñá. Con este proxecto arranxarase un tramo de algo máis de 800 metros -do punto quilométrico 1,120 ao 1,935-. García Porto resaltou a importancia desta vía “porque vai desde o núcleo meirense da Pena ata a LU-122. Ademais dá servizo a explotacións gandeiras, conecta directamente co polígono industrial de Meira, no que se atopan establecementos hostaleiros e diferentes negocios, e dá acceso ao centro de saúde do municipio”.
As obras que se van acometer son a reapertura de cunetas, a pavimentación do firme con aglomerado en quente e o repintado da vía mediante marcas reflexivas brancas. Unha vez se inicien os traballos o prazo de execución será de 3 meses.
– Licitado tamén por 754.307,53€ un proxecto para mellorar tres tramos do cinto comarcal que afectan aos concellos de Outeiro de Rei, Begonte e O Corgo. Os treitos que se van arranxar son:
Algo máis de cinco quilómetros á altura do límite municipal entre Outeiro de Rei e Begonte -do punto quilométrico 56,745 ao 62,175-.
Case un quilómetro no concello do Corgo, preto do límite con Castro de Rei -do punto 125,850 ao 126,825-.
E tamén no Corgo, preto doutro quilómetro no Alto de Gomeán -do punto 130,559 ao 131,314-.
Os traballos que se van acometer son: a reapertura de cunetas, a pavimentación do firme con aglomerado en quente, o repintado da vía e a reposición de sinais verticais. Unha vez se inicien as obras o prazo de execución será de 3 meses.
A Voceira socialista anunciou tamén a adxudicación ao Grupo Bascuas, por 92.439,05€, das obras para a instalación do alumeado e a ampliación da zona de aparcamento da LU-P-2304, a estrada que comunica o núcleo urbano coa área recreativa Sete Muíños, no concello de Guitiriz.
Estes traballos terán un prazo de execución de dous meses e medio e consistirán na reparación da explanada para o aparcamento, na execución da drenaxe, no estendido do firme e no pintado das marcas viais. Ademais, tamén se executará a canalización, cimentación e colocación das luminarias. García Porto recordou que “esta actuación súmase ao proxecto que xa realizamos desde a institución provincial para rehabilitar o firme e a senda peonil e no que investimos máis de 100.000€”.
13,2M€ para o Plan Anual de Contratación 2026
Aprobado o Plan Anual de Contratación 2026 dotado con 13,2M€. O documento recolle a previsión dos procedementos de contratación de servizos, subministracións e obras que desenvolverá a institución provincial ao longo deste ano. “A cifra do Plan Anual de Contratación para este ano é estimativa, pero a elaboración deste texto reflicte a capacidade de planificación, de xestión e de transparencia deste Goberno”, finalizou a Voceira socialista.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



