O club burelense conta cunha achega de 152.000 euros para os gastos de tempada
Lugo, 23 de xaneiro de 2026. Unha representación do Reyco Burela FS formada polo presidente José Luis Sáez e as xogadoras Ana Eliza e Irene visitaron o Pazo de San Marcos, onde fixeron entrega dunha camiseta oficial da temporada ao vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro. No acto, no que tamén participou o tenente de alcaldesa de Burela Mario Pillado, reafirmouse o apoio da institución provincial ao club laranxa, que encara a segunda volta tanto na liga feminina como masculina.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro reiterou “o compromiso da institución provincial co club, cun apoio estable e continuado ao longo do tempo” e destacou “o traballo que a directiva fixo nos últimos meses para sobrepoñerse ás dificultades económicas e organizativas da temporada pasada e manter un proxecto deportivo que nos enorgullece a todas e todos pola traxectoria dos equipos sénior pero tamén pola solidez do traballo coas categorías de formación e a aposta pola igualdade”. O responsable provincial subliñou que “circunstancias coma estas demostran que o deporte, mesmo no nivel profesional, non é únicamente unha cuestión de títulos e resultados competitivos, se non tamén de manter un sentimento de comunidade e de pertenza arredor dun proxecto”.
Na mesma liña, o tenente de alcaldesa Mario Pillado explicou que “o que nos move, independentemente dos resultados, das categorías ou das clasificacións é a labor que fai este club no referente ao deporte de base e á igualdade, por iso apoiamos ao Burela e a súa forma de traballar nestes ámbitos, é un referente. A nivel persoal, a través das institucións e da miña carreira profesional, facéndoo agora de forma voluntaria, apoiarei na medida do posible este proxecto intentando que perdure no tempo, porque será unha boa sinal tanto para o deporte de base coma para a igualdade no deporte”.
O presidente do club José Luis Sáez recoñeceu o apoio da Deputación de Lugo como clave para “a supervivencia” do club burelense. “Agradecemos que nestes tempos nos que, por motivos económicos, as cousas non van deportivamente tan ben, continúe estando ahí, como antes cando si que había éxitos deportivos. Tamén aproveito para agradecer a Mario a súa colaboración desinteresada nas Escolas Deportivas do club e o apoio que sempre nos presta dende o concello”.
O Burela FS conta cunha achega de 152.000 euros para os gastos de tempada por parte da Vicepresidencia da Deputación. Ademais, a institución provincial apoia a promoción do deporte, especialmente do fútbol sala, en Burela e na comarca da Mariña cunha achega de 25.000 euros á Fundación Imdecum.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


