A alcaldesa, Ana María López, indica que “este gobierno está negociando con los sindicatos para poder abordar dicha RPT y seguir avanzando en este asunto de vital importancia para el devenir de nuestro concello”
Cariño, 23 de xaneiro, 2026 .O Concello de Cariño, ante as diversas informacións publicadas nos últimos días sobre a situación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, considera necesario realizar unha aclaración co obxectivo de ofrecer unha información ordenada, rigorosa e transparente.
No inicio do actual mandato en 2023, o goberno municipal liderado por Ana María López manifestou de forma clara a súa total disposición a negociar os cambios necesarios na Relación de Postos de Traballo (RPT).
Neste momento, o Concello atópase á espera de que esas propostas sexan notificadas formalmente para poder analizalas e abordalas no marco do diálogo co persoal municipal. O actual equipo de goberno non ten impedimento ningún para acadar un acordo e proceder á aprobación da RPT. Porén, a situación económica do Concello non permite asumir un incremento total e inmediato dos salarios do persoal municipal, aínda que si contempla facelo de maneira paulatina, algo que, ademais, o propio goberno considera xusto e necesario.
A falta de aprobación da RPT está a provocar, así mesmo, unha carencia de persoal para atender servizos básicos de competencia municipal, a pesar de tratarse de necesidades evidentes para a veciñanza.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, sinala que “este gobierno siempre ha estado dispuesto a negociar y continúa estándolo. La RPT es una cuestión que no se resolvió con los gobiernos anteriores y que ahora se quiere abordar con responsabilidad, diálogo y transparencia, siendo claros tanto con los trabajadores como con la ciudadanía sobre la realidad económica del Concello”.
Neste sentido, a alcaldesa indica que “este gobierno está negociando con los sindicatos, a los que se les notificó el pasado lunes, para que presenten en un plazo de 10 días todas las modificaciones y detalles necesarios para poder abordar dicha RPT y seguir avanzando en las negociaciones, algo de vital importancia para el devenir de nuestro concello”.
Na mesma liña, López engadiu que o compromiso do goberno municipal é “seguir trabajando para encontrar soluciones equilibradas que atiendan tanto a los empleados municipales como a los vecinos y vecinas de Cariño”, e subliñou que, aínda sendo un goberno en minoría, se está a traballar para que, dunha vez por todas, a RPT poida ser refrendada e executada tras tantos anos de inacción.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



