O vindeiro 30 de xaneiro publicarase no DOG a convocatoria de exames extraordinarios para titulacións náuticas de lecer
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo unha reunión de traballo coas directoras territoriais da Consellería do Mar para abordar o proceso de descentralización da tramitación das titulacións náuticas de lecer e profesionais, unha medida clave para modernizar o procedemento administrativo, reducir prazos e facilitar a entrega dos títulos ás persoas solicitantes.
No encontro analizouse o calendario de implantación deste proceso, que comezará coa renovación das titulacións náuticas de lecer, permitindo que os departamentos territoriais poidan asumir de forma progresiva a xestión completa destes expedientes. Para facelo posible, será necesaria a formación do persoal autonómico no programa informático Xestén, deseñado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A nova funcionalidade deste sistema permitirá unha xestión máis áxil e eficiente dos procedementos, ao integrar nunha única plataforma a tramitación, a emisión e a entrega das titulacións, así como a comunicación coa cidadanía a través da sede electrónica. O obxectivo final é mellorar a atención ás persoas usuarias e reforzar a modernización da administración marítima galega.
Deste xeito, o programa Xestén dará un maior soporte á xestión integral da formación e das titulacións no ámbito do mar, incluíndo a expedición de títulos de lecer e profesionais, a renovación de tarxetas de identidade marítima, a inscrición en exames e a xestión de entidades colaboradoras. En 2025 permitiu tramitar máis de 1.800 renovacións de titulacións e máis de 1.600 entregas de tarxetas, cifras que avalan a súa capacidade para asumir a descentralización prevista.
Convocatoria de exames
Por outra banda, a directora xeral lembrou que o vindeiro 30 de xaneiro publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de exames extraordinarios para titulacións náuticas de lecer, cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá a partir do 2 de febreiro.
Durante o ano 2025 foron examinadas preto de 1.300 persoas en Galicia para a obtención de titulacións náuticas de lecer, unha cifra que reflicte o elevado interese social por este tipo de formación e a importancia de seguir avanzando na mellora dos procedementos administrativos asociados.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



