A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron as instalacións para coñecer comprobar as caldeiras de pellets para xerar auga quente sanitaria colocadas na piscina municipal de Cervo e no pavillón municipal de Alfoz
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe as caldeiras de pellets para xerar auga quente sanitaria instaladas na piscina municipal de Cervo e no pavillón municipal de Alfoz. O Goberno galego destinou 120.000 euros a estas actuacións -uns 60.000 euros en cada unha-, ao abeiro das convocatorias de 2024 no caso de Cervo e de 2025 no de Alfoz do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL), destinado a concellos de menos de 15.000 habitantes e que contou cun orzamento de 5 millóns de euros en cada unha das dúas anualidades.
Durante as visitas, Natalia Prieto explicou que o novo sistema instalado en ambas infraestruturas deportivas destes concellos repercuten nunha redución considerable do consumo eléctrico e das emisións de dióxido de carbono. Así, mellorouse a eficiencia enerxética e o confort no uso das instalacións ao eliminar os antigos quentadores de auga, de baixa eficiencia e alto consumo.
Neste senso, aclarou que mediante achegas coma esta desta liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local búscase atender as necesidades das localidades de menor poboación, para garantir a mellor calidade na prestación de servizos municipais a toda a poboación galega, con independencia do lugar de residencia.
Nesta liña, puxo en valor o compromiso da Xunta cos concellos galegos coa distribución o ano pasado de achegas que permitiron impulsar preto dun milleiro de proxectos, con actuacións en practicamente todos os concellos galegos mediante as distintas liñas específicas. Trátase desta liña dirixida a concellos de menos de 15.000 habitantes do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, dotada con 5 millóns de euros, así como a Orde de Infraestruturas de uso público (3,5 millóns de euros), o Fondo de Compensación Ambiental (máis de 11 millóns), o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local destinado a proxectos estratéxicos (máis de 8,2 millóns ) e as ordes plurianuais 2024-2025 e 2025-2026 de axudas de mellora de eficiencia enerxética en concellos de menos de 30.000 habitantes cofinanciadas con fondos Feder e cunha dotación de 10,3 millóns.




























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


