Viveiro, 24 de xaneiro, 2026. As familias do CEIP Plurilingüe de Covas denuncian que a Xunta difundiu información falsa e reclaman os apoios educativos que o propio Goberno galego recoñece como imprescindibles. Tras as intervencións realizadas na Comisión de Educación e Cultura do 22 de xaneiro de 2026, as familias expresan publicamente a súa indignación polas afirmacións da Administración autonómica, que —aseguran— non se corresponden coa realidade do centro e buscan enganar á cidadanía e minimizar unha situación de urxencia educativa.
En primeiro lugar, consideran falsos os datos ofrecidos sobre o persoal especialista en apoio educativo. A Xunta afirmou que o centro conta con 2 especialistas en Audición e Linguaxe (AL) e 2,5 en Pedagoxía Terapéutica (PT), dotación que tanto a dirección como as familias levan reclamando desde antes do inicio do curso por considerala imprescindible. Porén, a realidade —indican— é que o centro só dispón de 1,5 AL e 2 PT, sendo unha delas a directora, o que supón 7 horas semanais menos de atención directa ao alumnado. As familias esixen saber se ese incremento foi aprobado e non comunicado, se está pendente de asignación ou se simplemente se recoñece como necesario pero non se considera prioritario facelo efectivo. O que non aceptan é que se presente como existente un persoal que non está no centro.
En segundo lugar, consideran gravísimas as afirmacións que minimizan a falta desas 7 horas de PT ao suxerir que poderían ser cubertas polo anterior director, que “xa non ten esas horas de adicación”. As familias lembran que o exdirector exerce actualmente como mestre de Educación Infantil a xornada completa e denuncian que esta insinuación supón unha falta de respecto tanto cara a el como cara ao persoal especialista en apoio educativo, cuxo labor —subliñan— é específico, cualificado e non substituíble polo resto do profesorado.
En terceiro lugar, critican o uso de datos descontextualizados sobre o número de alumnos por aula, que consideran profundamente enganoso. Que o centro estea por debaixo dos ratios máximos non implica que non precise apoios adicionais. O 22% do alumnado presenta necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), o que implica bloqueo de prazas e unha maior carga de atención individualizada. Así, que unha aula teña 19 matrículas non significa que existan 6 prazas libres reais. As familias denuncian que estes datos “en frío” ignoran deliberadamente a realidade do centro. Ademais, lembran que a baixa matrícula está directamente relacionada co abandono institucional que sofre o CEIP Plurilingüe de Covas, un centro sen comedor escolar nin transporte, o que obriga moitas familias a buscar alternativas por motivos de conciliación.
Por último, rexeitan a afirmación de que non existen recortes respecto ao curso pasado. Aseguran que comparar a situación actual coa de hai 20 anos só pretende desviar o debate, cando o feito obxectivo é que o centro conta con medio posto menos de AL e con 7 horas menos de PT que no curso anterior. “Por moito que se maquille, son recortes reais que afectan directamente á atención do alumnado”, afirman.
As familias do CEIP Plurilingüe de Covas aseguran que as intervencións da Xunta non só faltan á verdade, senón que buscan ocultar unha situación de urxencia educativa que afecta ao centro e ás propias familias. Critican que se fale de respecto ás familias para, acto seguido, negar, minimizar ou falsear a realidade.
Con impotencia, lamentan que a solicitude de incremento da dotación de profesorado de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica fose finalmente rexeitada, con 9 votos en contra do PP e 7 votos a favor do BNG e do PSOE.
As familias anuncian que seguirán loitando, mobilizadas e organizadas, ata que o centro conte cos recursos que a propia Xunta recoñeceu de facto como imprescindibles para garantir unha educación pública, inclusiva e de calidade.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



