O popular lembra que “o Goberno está a incumprir os prazos anunciados polo secretario xeral do PSdeG” e tamén o acordo plenario adoptado en marzo do ano pasado na Cámara Alta para iniciar, durante o ano 2025, as obras en todos os tramos da autovía da Mariña (A-74)
A Mariña, 23 de xaneiro de 2026. O PP esixe dende o Senado explicacións ao Goberno de Sánchez por ter incumprido o compromiso de iniciar as obras da autovía da Mariña, a A-74, durante o 2024 tal e como avanzara o secretario xeral do PSdeG durante as eleccións xerais do verán do 2023.
Os senadores do PP lucense José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano veñen de rexistrar formalmente preguntas escritas para o Executivo explique por que non se iniciaron as obras en ningún dos tramos no que vai de lexislatura e despois de terse superado amplamente o prazo anunciado.
Balseiro explica que “ningún dos tramos está operativo e nin sequera en obras. O máximo que fixeron foi volver aprobar o proxecto dun dos subtramos, entre O Carme-Foz e Barreiros”.
O popular lembra que “o Goberno está a incumprir tamén un acordo plenario adoptado en marzo do ano pasado na Cámara Alta”: a proposta do Grupo Popular, aprobouse -coa abstención do PSOE- unha iniciativa na Comisión de Transportes para instar ao Goberno de España a iniciar, durante o ano 2025, as obras en todos os tramos da autovía da Mariña (A-74).
Balseiro precisa que “se trata dunha demanda de toda a sociedade mariñá” que “levamos anos agardando por unha infraestrutura viaria do século XXI”. A alternativa, a estrada nacional N-642, “soporta un gran volume de tráfico e presenta problemas constantes no seu firme que xeran descontento”.
O senador lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez nin tan sequera foi capaz de executar os 4M€ comprometidos nos Presupuestos Generales del Estado que deixou consignados Rajoy. “Con Sánchez, A Mariña perdeu oito anos”, engadiu.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



