A Presidenta da Deputación de Lugo comezou esta mañá a súa axenda ao fronte da institución recibindo aos representantes do sector primario que están concentrados na Ronda da Muralla, a quen lles trasladou que na sesión ordinaria deste mes presentará unha moción na que se recollerán as súas reivindicacións
Lugo, 15 de xaneiro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, comprometeuse este xoves cos representantes do sector primario afectados polo acordo con Mercosur a levar as súas reivindicacións ao Pleno ordinario do mes de xaneiro. Así llelo trasladou no seu primeiro día de traballo ao fronte da institución provincial na reunión celebrada pola mañá na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.
López destacou durante o encontro que o Goberno provincial é moi consciente do peso específico do sector gandeiro -un piar na produción de vacún de carne e leite en España- e nese sentido, destacou que “calquera acordo comercial debe protexer aos produtores locais e comprometémonos a defender aos gandeiros lucenses por riba de calquera interese alleo ao territorio”.
Os deputados provinciais Pilar García Porto e Pablo Rivera Capón participaron tamén nesta reunión, na que a Presidenta sinalou tamén que manterá o contacto cos gandeiros e agricultores afectados para ver a evolución da súa situación.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



