Trabada, 5 de xaneiro de 2026. O Concello de Trabada continúa a apostar pola capacitación dixital da veciñanza coa celebración dunha nova acción formativa enmarcada no programa “E para dixitalizarse, Lugo”, tras o éxito das formacións desenvolvidas a finais do pasado ano no municipio.
Nesta ocasión, a actividade levarase a cabo baixo o título “Ciberseguridade: acoso, grooming e estafas”, unha formación orientada a dotar á cidadanía de ferramentas básicas para identificar riscos en internet e facer un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais.
A formación terá lugar na Casa da Cultura de Trabada (Rúa do Concello, 40), os días 2, 3, 4, 9, 10, 11 e 16 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O curso conta cun total de 12 prazas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de xaneiro.
Este obradoiro forma parte do amplo programa de formacións dixitais que inclúe contidos como o uso básico da informática, a sinatura dixital e certificados electrónicos, o manexo do teléfono móbil, a banca electrónica, o uso seguro de internet, a busca de emprego en liña ou o uso das aplicacións de Google, entre outros.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de dar continuidade a este tipo de iniciativas: “con este novo curso seguimos traballando para reducir a fenda dixital e ofrecer coñecementos prácticos que melloren a seguridade e a autonomía das persoas no uso das novas tecnoloxías.” O rexedor subliñou tamén que a ciberseguridade é unha cuestión clave na actualidade: “queremos que a xente de Trabada saiba identificar posibles riscos en internet e teña as ferramentas necesarias para protexerse fronte a estafas ou situacións de acoso dixital”.
As persoas interesadas deben anotarse de forma presencial no Concello de Trabada.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



