A conselleira María José Gómez mantivo este mediodía unha xuntanza con representantes das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, enmarcada nos contactos permanentes que se veñen establecendo cos produtores
Lugo, 15 de xaneiro de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo este mediodía unha reunión con representantes das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema. Esta xuntanza enmárcase nos contactos permanentes que se veñen establecendo cos produtores da nosa comunidade e súmase ás mantidas con anterioridade, como a de onte en Ourense ou a do pasado 5 de xaneiro, co fin de coñecer as súas demandas e defender os seus intereses ante o novo acordo entre a Unión Europea e Mercosur. Seguindo esta liña, mañá venres está convocado o Consello Agrario.
Tal e como avanzou onte mesmo en Ourense, a conselleira afirmou que se incrementarán os controis en Galicia ante o acordo co Mercosur e que se creará unha estratexia para aumentar a promoción dos produtos agroalimentarios elaborados na comunidade, especialmente daqueles que conten con algunha certificación de calidade. Para facelo, citarase a representantes da distribución, unha parte esencial da cadea de valor. Ao fío deste incremento dos controis, fixo referencia á necesidade de intensificar as inspeccións na fronteira, unha cuestión que é competencia directa do Goberno Central.
Tamén con respecto a Mercosur, reafirmou María José Gómez, seguirase a esixir ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, como xa se fixo en reiteradas ocasións, que calquera produto que entre en España debe cumprir os mesmos requisitos sanitarios que respectan dende hai anos os produtores da Unión Europea. En relación coas cláusulas de salvagarda, insistiu de novo en que son indispensables para a Xunta de Galicia. Estas condicións deben ser garantidas ao longo de todo o acordo, e por esta razón se lle segue a reclamar ao Goberno de España que defenda con insistencia este punto.
Neste xuntanza tamén se abordaron as inquedanzas vencelladas á nova Política Agraria Común (PAC) a partir de 2028. Unha proposta que, como denunciou a Consellería do Medio Rural en numerosas ocasións, é lesiva para o sector primario galego, dado que implica un recorte de fondos e a perda dos dous piares actuais, que ata agora protexen as axudas directas e as partidas de desenvolvemento rural.
Redución de burocracia e requisitos
Así, asegurou que dende a Xunta seguirá a defenderse ante o Ministerio e a Unión Europea un cambio nesta proposta comunitaria e avanzou que este será o asunto principal a tratar este venres no Consello Agrario. Así mesmo, tamén concretou que se reclamará unha redución de burocracia e requisitos no marco da nova PAC.
Sobre sanidade animal, María José Gómez salientou o compromiso do seu departamento por manter o status sanitario da cabana gandeira galega. En relación coa dermatose nodular contaxiosa (DNC), transmitiu de novo unha mensaxe de tranquilidade ao sector, xa que esta doenza non chegou ata Galicia polo de agora e nestes momentos só se constatou a súa presenza en Cataluña. Aínda así, resaltou que é importante seguir as medidas preventivas e de bioseguridade establecidas ata o momento na comunidade.
Así mesmo, reclamou de novo máis coordinación por parte do Ministerio en todo o ámbito nacional, co fin de que as comunidades autónomas poidan implementar medidas homoxéneas nos seus territorios. Por outra banda, lembrou a súa demanda ao Goberno central para que lidere ante a Unión Europea unha vacina marcada que poida administrarse de xeito preventivo, que solicite a rebaixa da categoría da enfermidade e que contemple indemnizacións para os gandeiros que poidan resultar afectados.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



