Viveiro, 24 de xaneiro, 2026. Representantes do BNG participaron en Viveiro na concentración convocada pola Asociación de Familias Neurodiverxentes da Mariña Lucense e Ortegal (ASFANEMOR), coincidindo coa celebración do Día Internacional do Ensino, para denunciar a falta de recursos e de profesorado especializado nos centros educativos da comarca.
Na mobilización estiveron presentes a portavoz municipal do BNG en Viveiro, Iria Cotelo, e o deputado do BNG no Parlamento Galego, Daniel Castro, xunto con outros cargos e militantes da organización nacionalista, que amosaron o seu apoio ás reivindicacións das familias, centradas na necesidade de incrementar o profesorado de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica na Mariña.
Cotelo lembrou que estas demandas “non son novas” e que coinciden coas mobilizacións dos Venres Negros impulsados pola ANPA do CEIP de Covas, unha loita que o BNG acompaña desde o seu inicio. A portavoz cualificou de “lamentable” a actitude da Consellería de Educación, “que mira cara ao outro lado, maquillando datos irreais e reducindo a atención aos nenos e nenas a simples números”, algo que, ao seu xuízo, “demostra un descoñecemento abrumador da Xunta sobre o día a día das familias, do profesorado e do propio alumnado”.
A nacionalista, que traballa diariamente con persoas con necesidades específicas de apoio extenso e xeralizado, subliñou “o abismo entre os datos que presenta a Consellería en materia de inclusión e a realidade que viven as familias e os centros”.
Pola súa banda, Daniel Castro advertiu de que a falta de recursos especializados “está a cronificarse ante a pasividade da Xunta”, e sinalou que “sen persoal suficiente de apoio educativo, a inclusión convértese nun slogan baleiro”. O deputado insistiu en que “o que reclaman as familias é xusto e necesario: profesionais que garantan unha atención digna e adaptada á diversidade do alumnado”.
O profesorado tamén está a denunciar as precarias condicións nas que traballa e coincide na demanda dun incremento de persoal de atención á diversidade. Ademais, anunciou peches nos centros educativos o xoves 29 de xaneiro. “Non é un capricho que ASFANEMOR, a ANPA do CEIP de Covas e o profesorado se mobilicen. Son tres colectivos diferentes reclamando o mesmo, e a Xunta ten a obriga de atendelo: máis profesorado especializado. Tan sinxelo como iso”, afirmou Castro.
Desde o BNG puxeron en valor a loita continuada das familias e do profesorado, e reiteraron o seu compromiso de acompañalos tanto nas mobilizacións como nas institucións ata que a Xunta garanta os recursos necesarios para unha educación pública de calidade e verdadeiramente inclusiva.
CEIP de Covas
O BNG mantén o seu apoio aos Venres Negros do CEIP de Covas, un centro cunha elevada concentración de alumnado con necesidades de apoio educativo, risco de exclusión social e un alto índice de absentismo, que precisa dun reforzo urxente en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
A nivel municipal, o grupo nacionalista presentou un rogo no pleno para instar á alcaldía a mediar coa xefatura territorial de ensino. “Resulta incomprensible que a representación do PP en Viveiro prefira repetir as mentiras da Xunta antes que situarse ao lado das necesidades dos nenos e nenas do concello”, sinalou Cotelo.
No Parlamento Galego, Daniel Castro defendeu recentemente unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a reforzar o CEIP de Covas con profesorado especializado e recursos suficientes para garantir unha educación verdadeiramente inclusiva.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



