O Vicedo, 26 de xaneiro, 2026. O Grupo Municipal do BNG do Vicedo vén de presentar unha moción para o seu debate no próximo pleno co obxectivo de poñer en marcha o Plan Rexurdir O Vicedo. A iniciativa pretende dar unha resposta integral á crise de despoboamento que sofre o municipio, centrando os seus esforzos en tres piares estratéxicos: o acceso á vivenda, o impulso ao comercio local e a dinamización das parroquias.
O portavoz nacionalista, Miguel Gómez Fraga, advertiu de que “un Concello sen comercio e sen servizos está condenado ao despoboamento”. Tras a recente presentación do Plan Emprende Terras do Sor, o BNG dá agora un paso máis propoñendo medidas concretas para fixar poboación e atraer novas familias ao rural vicedense.
Vivenda pública e economía circular
O plan sinala a grave falta de alugueiros a prezos asumibles como un dos principais factores da perda de habitantes. Por iso, o BNG propón que o Concello dispoña de vivenda pública, ben mediante nova construción, ben a través da adquisición e rehabilitación de inmobles baleiros. A moción insta a solicitar o apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado.
No ámbito comercial, Gómez Fraga aposta por un modelo de economía circular que conecte produtores e comerciantes. A proposta inclúe tamén a creación dun parque de locais comerciais con alugueiros bonificados, xestionado directamente polo Concello.
O modelo Muras, tamén no Vicedo
O BNG lembra que no municipio están instalados preto de cen aeroxeradores e considera que o exemplo a seguir é o do concello veciño de Muras, que puxo en marcha medidas para abaratar a factura eléctrica da veciñanza e que vén de acadar un acordo salientable con Iberdrola. Por iso, entre as medidas urxentes, os nacionalistas propoñen subvencionar a factura da luz tanto para os fogares como para o pequeno comercio.
Modernización e posta en valor das parroquias
A moción recolle tamén a transformación dos locais sociais das parroquias para ofrecer servizos directos á veciñanza, así como a creación dunha app municipal. Esta ferramenta funcionaría como escaparate dixital para o comercio, a vivenda, os produtos locais e a actividade cultural do municipio.
“Debemos centrar os nosos esforzos en políticas que nos permitan frear a sangría de servizos”, afirmou Gómez Fraga. Por este motivo, a proposta reclama a creación dunha comisión permanente formada polos tres grupos da corporación para coordinar estas políticas, así como a organización de foros de economía, agricultura e pesca que contribúan a mellorar a visibilidade do Vicedo.
Un plan que busca o apoio unánime da corporación
Os acordos que se someterán a votación no pleno —e para os que o BNG agarda unanimidade— inclúen: a creación dunha comisión permanente para activar o Plan, a procura de apoio da Xunta e do Estado para o financiamento en materia de vivenda e comercio, e a posta en marcha de foros de promoción do comercio, do produto local e da cultura. Tamén se propón estudar a implantación dunha app municipal como escaparate de servizos e actividades.
“O Vicedo é cousa de todos e todas. As tres forzas políticas presentes na corporación temos que sumar e remar na mesma dirección. Por iso, desde o BNG agardamos que esta proposta sexa aprobada e poidamos comezar a traballar nela”, concluíu o portavoz municipal, Miguel Gómez.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



