Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado para garantir un servizo de Correos público e de calidade no Valadouro: “o Goberno ten a obriga”
Madrid, 9 de xaneiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego reclama ao Goberno do Estado medidas urxentes para garantir un servizo de Correos público, de calidade e axeitado ás necesidades no concello do Valadouro. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anuncia o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado, nomeadamente no Congreso, para que o executivo estatal actúe frente á situación de deterioro que sofre o servizo postal na localidade.
Néstor Rego sinala que a redución continuada de persoal e de medios na oficina de Correos do Valadouro está a provocar atrasos no reparto e dificultades crecentes para a veciñanza, especialmente para unha poboación avellentada que depende en gran medida deste servizo público para recibir comunicacións administrativas, sanitarias e documentación oficial. O deputado do BNG lembra que as competencias en materia de Correos corresponden exclusivamente ao Goberno do Estado, polo que “resulta inaceptábel que non se garanta o cumprimento efectivo do Servizo Postal Universal no rural galego”.
O deputado nacionalista advirte tamén de que as últimas decisións adoptadas polo executivo estatal, así como o marco normativo vixente, afondan nun modelo que penaliza os concellos rurais, reduce cadros de persoal e precariza as condicións laborais das traballadoras e traballadores de Correos. Rego incide en que este camiño supón unha perda de calidade do servizo e un paso máis cara a procesos de liberalización e privatización encuberta, frente aos que o BNG mantén unha oposición firme e constante.
“Defendemos manter Correos como Servizo Postal Universal de carácter público, con presenza efectiva no territorio e cunha atención digna á cidadanía” afirma Rego, mentres exixe ao Goberno que dea marcha atrás aos plans de desmantelar o servizo e insiste tamén en que o abandono institucional do rural ten consecuencias directas na vida diaria das persoas.
Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG no Valadouro, Eduardo Chao, lembra que o BNG tamén presentou unha moción no Concello do Valadouro, aprobándose pola unanimidade do pleno municipal, coa finalidade de reclamar a dotación de persoal e recursos suficientes na oficina de Correos e de amosar o apoio ás traballadoras e traballadores que están a soportar unha sobrecarga de traballo derivada da falta de efectivos.
Eduardo Chao destaca o traballo coordinado do BNG en todas as institucións, subliñando que a defensa dos servizos públicos no Valadouro realízase tanto desde o ámbito municipal como desde as Cortes do Estado. “Só cunha actuación firme e coherente, desde o local até o estatal, se poden frear os recortes e garantir dereitos á veciñanza do rural” afirma.
Néstor Rego e Eduardo Chao están acompañados por Eliseo Teijeiro, concelleiro do BNG; Daniel Castro, deputado do BNG no Parlamento de Galiza; Daniel García, deputado do BNG provincial; Antonio Veiga, responsable comarcal do BNG; así como por veciños e veciñas do Valadouro, que amosan o seu apoio ás reivindicacións formuladas polo Bloque Nacionalista Galego.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



