Ribadeo, 28 de xaneiro de 2026. O equipo de goberno do Concello de Ribadeo non entende que o BNG votase en contra no pleno celebrado onte para solicitar un convenio extraordinario de 250.000 euros á Deputación de Lugo para o saneamento nas parroquias.
A voceira Marta Saiz contou que “o grupo de goberno do Concello de Ribadeo presentou unha emenda de substitución á moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego na que lle solicitaban ao Concello que se dedicaran 100.000 euros do Plan Único ao saneamento no rural. O noso grupo emendou esta moción indicando a posibilidade de solicitar un convenio extraordinario de 250.000 euros á Deputación de Lugo para o saneamento, tal e como fan outros Concellos e desta maneira non mermar os presupostos do Concello destinados para melloras nas estradas e no Servizo de Axuda no Fogar”.
Saiz dixo: “curiosamente esta proposta foi rexeitada polo BNG, e vota non a solicitar conxuntamente un convenio á Deputación de 250.000 euros para o saneamento nas nosas parroquias. É dicir, co seu voto eles dan a entender que o saneamento pouco lles importa. O interese real está en que o goberno merme a súa capacidade orzamentaria para o arranxo de estradas que total para eles deben estar en perfecto estado ou o que aínda é peor, que se vexa afectado o Servizo de Axuda no Fogar. Dende logo doutro xeito non se entende o voto negativo, ou lle teñen medo aos seus compañeiros na Deputación ou intentan acorralar dalgunha maneira a este goberno prexudicando aos veciños e veciñas”.
Para a concelleira popular “mal van, porque se algo ten claro este goberno son as deficiencias, a inversión que se necesita e tamén a xestión para que Ribadeo avance. Home, é que non lle colle na cabeza a ninguén reducir o orzamento propio e por riba reducir o orzamento destinado ao SAF e a o arranxo de estradas, tendo a posibilidade de solicitar un convenio extraordinario. Realmente, só lle colle na cabeza ao BNG de Ribadeo, porque noutros Concellos veciños, sí firman convenios extraordinarios, que é o normal, si realmente velas polos intereses dos veciños e veciñas, claro”.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



